Miranda alaba a tenacidade e entrega á música galega da banda de gaitas de Madrid “Lume de Biqueira” no seu vixésimo aniversario
O secretario xeral da Emigración felicitou persoalmente ao conxunto musical, nado en 1998 no seo do Centro Gallego de Madrid.
O grupo actuou ante os Reis de España e o papa Xoán Paulo II, entre outras autoridades, e apareceu nunha película do director Milos Forman.
- Miranda entregou á banda de gaitas -creada en 1998 no seo do Centro Galego de Madrid- unha placa conmemorativa do seu 20º aniversario
- Miranda entregou á banda de gaitas -creada en 1998 no seo do Centro Galego de Madrid- unha placa conmemorativa do seu 20º aniversario
- Miranda entregou á banda de gaitas -creada en 1998 no seo do Centro Galego de Madrid- unha placa conmemorativa do seu 20º aniversario
- Miranda entregou á banda de gaitas -creada en 1998 no seo do Centro Galego de Madrid- unha placa conmemorativa do seu 20º aniversario
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, encomiou onte á tarde a capacidade de traballo, o talento e a entrega que a banda de gaitas Lume de Biqueira, creada en 1998 no seo do Centro Gallego de Madrid e actualmente parte da Asociación Banda de Música e Investigación Albedro, demostrou cara a música galega. Fíxoo onte á noite, durante a celebración do vixésimo aniversario do conxunto musical, que elixiu a sala La Riviera de Madrid para conmemorar a efemérides cun concerto no que compartiu cartel con Pan de Capazo.
Miranda, quen definiu o son da gaita como un dos máis recoñecibles e característicos da música tradicional galega, transmitiu os seus parabéns á banda galegomadrileña polas súas dúas décadas de vida, nas que medrou ata converterse nun referente da música galega en España. “Dixo unha das nosas máis grandes gaiteiras, e ademais da miña terra, Cristina Pato, que a gaita é un dos instrumentos nos que máis se reflicte a persoalidade do intérprete. Se é así, e ela sabe ca min disto, quero felicitarvos porque debedes ter unha persoalidade ben fermosa e chea de enerxía”, afirmou o responsable autonómico.
O secretario xeral da Emigración, a quen a banda de gaitas agradeceu o seu apoio ao longo dos anos, sorprendeu ás e aos seus membros coa entrega dunha placa gravada que conmemora os vinte anos de historia dun grupo que se define a si mesmo como a banda de gaitas máis heterodoxa e, probablemente, máis espectacular do panorama da música celta en España, ademais de ter unha ampla proxección internacional sen parangón no momento actual.
Dedicación e esforzo
A súa música, produto da fusión de ritmos e estilos, a incorporación de instrumentos nada habituais para estas formacións e un directo impactante por estética e número de compoñentes, fan de cada actuación unha gran festa, como xa ten comprobado o público de moitísimos lugares de España e de países de culturas tan dispares como Irlanda, Francia, Lituania, Italia ou O Reino Unido, e en agosto de 2018, incluso da China, segundo a propia formación. Os momentos salientables da súa traxectoria musical, que está a piques de ampliarse cun novo disco, pasan, entre outras, polas súas actuacións no Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña francesa), MarketPlace Theater de Armagh (Irlanda do Norte) ou a do William Kennedy International Piping Festival.
Entre as autoridades que asistiron a algún dos seus concertos atópanse as súas maxestades os Reis de España e o papa Xoán Paulo II, entre outras. Ademais, apareceu na película hispano-norteamericana Los Fantasmas de Goya, do director checo Milos Forman, en 2006 interpretando un grupo de gaitas, e foi a primeira banda de gaitas en participar nas procesións da Semana Santa andaluza, na Madrugá de Antequera.
Novas relacionadas