Miranda cualifica como “decepcionante e inxustificable” deixar sen turno específico de intervención ás comunidades no Consejo General de la Cidadanía Española en el Exterior

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe en Asturias á primeira xornada do III Pleno do VIII Mandato do Consejo General de la Ciudadanía Española en el Exterior.
 

  • Imaxe das e dos representantes das CC.AA.
    Imaxe das e dos representantes das CC.AA.
  • Imaxe do III Pleno do VIII Mandato do CGCEE
    Imaxe do III Pleno do VIII Mandato do CGCEE
  • Imaxe do III Pleno do VIII Mandato do CGCEE
    Imaxe do III Pleno do VIII Mandato do CGCEE
  • Imaxe do III Pleno do VIII Mandato do CGCEE
    Imaxe do III Pleno do VIII Mandato do CGCEE
Listen to this page using ReadSpeaker
Oviedo (Asturias), 6 de novembro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe á primeira xornada do III Pleno do VIII  Mandato do Consejo General de la Ciudadanía Española en el Exterior que se está a celebrar en Asturias, no que pediu a palabra para cualificar como “decepcionante e inxustificable” deixar sen quenda de intervención específica ás comunidades ao longo deste plenario.

O secretario da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou tras o remate dos Informes dos vicepresidentes e secretario do Consejo General de la Ciudadanía Española en el Exterior, a importancia de manter o uso establecido de que as e os representantes de cada comunidade teñan a súa quenda de palabra neste consello, como viña sendo habitual ata o de agora.

Para Miranda é crucial resaltar que as intervencións das e dos representantes das comunidades autónomas é unha práctica que forma parte do desenvolvemento normal dos plenos do Consejo, dende fai moitos anos. “Esta práctica é valiosa porque permite ás comunidades explicar as políticas que están a desenvolver a favor dos españois do exterior, complementando e mesmo substituíndo nalgúns casos, a inexistencia de prestación do Estado. Ademais, porque acoden sen ter obriga de facelo.”

Neste senso, sinalou que “isto impide aos representantes dos españois do exterior coñecer as prestacións que ofrecen as comunidades autónomas e así, poidan facerllas chegar aos residentes en cada un dos seus territorios”.

Esperamos que se reconsidere esta decisión, “e así o vai a seguir a defender Galicia, como representante dunha comunidade autónoma que está moi comprometida no traballo a favor dos españois residentes no exterior, cunha boa valoración polos destinatarios, e mesmo é modelo que seguen moitas outras comunidades, o que avala o acerto dos nosos programas”, engadiu o responsable da Secretaría Xeral da Emigración.

“Dende a Xunta de Galicia rexeitamos que o Goberno do Estado ampare silenciar ás comunidades autónomas no ámbito deste órgano consultivo”, rematou Rodríguez Miranda. 

347 lecturas