Miranda felicita ao Centro Galego de Valencia pola exitosa celebración do Día de Rosalía

Imaxe do encontro celebrado hoxe na sede da SXE en Santiago de Compostela
Imaxe do encontro celebrado hoxe na sede da SXE en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe ao presidente do Centro Galego de Valencia, Manuel Fortes, acompañado de Xoaquín Coto, vogal do centro, aos que felicitou pola exitosa celebración do Día de Rosalía, un acto que se desenvolveu o pasado 25 de febreiro, da man da artista Lucía Pérez.

A homenaxe á insigne escritora galega tivo lugar na Aula Magna de La Nau de Valencia, onde ademais de facer un recordatorio da figura de Rosalía de Castro tamén se deu lectura a varios dos seus poemas.  

Por outra banda, durante o encontro celebrado hoxe, o responsable da Secretaría Xeral da Emigración analizou co presidente desta entidade galega as diversas actividades que se están a preparar para a promoción da cultura e da lingua galegas ao longo dos próximos meses.

439 lecturas