Miranda explica no Welcoming Spaces Forum os efectos positivos do retorno nos eidos económicos e demográficos do rural galego

O secretario xeral da Emigración participou unha mesa redonda durante a xornada organizada no Consello da Cultura Galega pola Universidade da Coruña co obxectivo de analizar as políticas das diferentes administracións para a revitalización de zonas rurais pouco poboadas da Unión Europea.

Resaltou que a Xunta de Galicia está a traballar, con distintas medidas sociais, económicas e produtivas incluídas na Estratexia Galicia Retorna 2026, para a atracción de retornados ao rural.

Tamén explicou aos asistentes que o apoio ao retorno é unha forma de recoñecer o dereito ao retorno dos galegos no exterior, unha vía para que Galicia afronte o reto demográfico e “compense o saldo vexetativo negativo”, e para mellorar a nosa competitividade económica.

A estratexia Galicia Retorna é unha iniciativa pioneira e contrastada que permitiu que nos últimos cinco anos regresaran á Comunidade 28.000 galegos que residían no estranxeiro, tendo como obxectivo para o 2026 a chegada de 30.000 retornados máis.

  • Miranda explica no Welcoming Spaces Forum os efectos positivos do retorno nos eidos económicos e demográficos do rural galego
    Miranda explica no Welcoming Spaces Forum os efectos positivos do retorno nos eidos económicos e demográficos do rural galego
  • Miranda explica no Welcoming Spaces Forum os efectos positivos do retorno nos eidos económicos e demográficos do rural galego
    Miranda explica no Welcoming Spaces Forum os efectos positivos do retorno nos eidos económicos e demográficos do rural galego
  • Miranda explica no Welcoming Spaces Forum os efectos positivos do retorno nos eidos económicos e demográficos do rural galego
    Miranda explica no Welcoming Spaces Forum os efectos positivos do retorno nos eidos económicos e demográficos do rural galego
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta mañá, no Consello da Cultura Galega, nunha mesa redonda do Welcoming Spaces Forum organizado pola Universidade de Coruña e no que se analizaron as políticas das diferentes administracións para a revitalización de zonas rurais pouco poboadas da Unión Europea. Miranda explicou durante a súa intervención os efectos positivos do retorno nos eidos económico e demográfico do rural galego.

Rodríguez Miranda recordou que a Xunta está a traballar, a través de distintas medidas incluídas na Estratexia Galicia Retorna 2026, pola atracción dos retornados ao rural, apoiando con incentivos á natalidade, á posta en marcha de negocios ou á rehabilitación de vivendas.  

“A Xunta puxo en marcha en 2018 unha iniciativa pioneira en toda España que foi a Estratexia Galicia Retorna, que tiña como obxectivo, axudar a facilitar o retorno dos galegos do exterior. Conseguimos así que 28.000 galegos retornaran nos últimos cinco anos”, explicou Miranda. “Esta experiencia positiva levounos a aprobar a seguinte Estratexia duplicando o número de medidas, un cento delas, das que forman parte todos os departamentos da Xunta e que teñen como obxectivo que en 2026 sexan outros 30.000 os galegos do exterior que aposten por volver á terra. Moitos destes galegos que retornan apostan por concellos do rural, aproveitando os incentivos que conteñen estas medidas para que sexa precisamente neste ámbito onde poidan poñer en marcha a súa empresa ou asentar a súa familia”.

“A Xunta, polo tanto, está a traballar nunha estratexia integral de apoio social, laboral, de asesoramento e educativo ao retorno que facilita o regreso a todos aqueles galegos que teñen dereito a volver a súa terra axudando, ademais, a compensar o saldo vexetativo negativo que rexistra Galicia”, engadiu o secretario xeral.

Neste senso, o secretario xeral explicou varios exemplos de medidas aplicadas para conseguir a consolidación da poboación retornada no rural, como as axudas ao Retorno Emprendedor que aproba a propio departamento que dirixe e que permiten que galegos do exterior que volven a Galicia e queren emprender, conten cunha axuda de 6.000 euros que, en caso de ser muller, aumenta en 1.000 euros máis, e en outros 3.000 se o concello onde se radica a iniciativa é rural.

“Deste xeito, e facendo referencia a 2022, máis do 50% dos 115 negocios beneficiados por estas axudas en Galicia instaláronse nun concello do rural, sendo o 53% dos emprendedores, mulleres”, matizou Rodríguez Miranda, quen explicou que “estos proxectos implicaron un efecto no rural de inicio no rural superior aos 4 millóns de euros”, destacando que dos 54 concellos nos que se instalaron estas iniciativas, 43 eran rurais e 11 non rurais.

236 lecturas