Miranda: “A música galega é unha linguaxe universal que conecta ás novas xeracións coa historia da nosa emigración”

  • Miranda: “A música galega é unha linguaxe universal que conecta ás novas xeracións coa historia da nosa emigración”

Listen to this page using ReadSpeaker
Rosario (Arxentina), 14 de marzo de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu en Rosario ao concerto do grupo galego Luar na Lubre, celebrado no marco da xira internacional coa que a banda conmemora o seu 40 aniversario e que está levando a música galega a distintos países de América. No evento tamén participou o delegado da Xunta de Galicia en Arxentina, Alejandro López Dobarro, xunto a numerosos membros da colectividade galega da cidade.

Durante a xornada, Miranda destacou que iniciativas culturais como esta permiten fortalecer os vínculos entre Galicia e a súa diáspora, ao tempo que achegan a música e as tradicións galegas ás novas xeracións de descendentes. O secretario xeral puxo tamén en valor o papel das entidades da colectividade que colaboran na organización destas actividades culturais, contribuíndo a manter viva a identidade galega no exterior e a reforzar os lazos históricos que unen Galicia con Arxentina.

193 lecturas