Miranda e López Dobarro, xunto ao director do CDG, asisten ao espectáculo Continente María
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta na Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro, xunto ao director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, asistiron ao espectáculo Continente María que se vén desenvolvendo no Salón Teatro de Santiago de Compostela.
A montaxe recupera e homenaxea a figura de María Casares, achegándoa ao público á vez que utiliza a súa figura para falar da propia condición das e dos artistas nun mundo en constante cambio, viaxando a través dun diálogo entre o presente e o pasado para tentar comprendernos mellor a nós mesmos e mesmas como seres humanos e habitantes do mundo. A obra, escrita pola uruguaia Marianella Morena, está dirixida por Tito Asorey, e conta coa interpretación protagonista de Melania Cruz.
Novas relacionadas