Miranda e Eiranova actualizan a información sobre a diáspora galega na Arxentina

O secretario xeral da Emigración destaca o labor das comunidades que transmiten a cultura e valores da terra ás segundas xeracións

Miranda e Eiranova actualizan a información sobre a diáspora galega na Arxentina
Miranda e Eiranova actualizan a información sobre a diáspora galega na Arxentina
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago, 9 de xullo de 2017.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho ao presidente da Casa de Galicia de Bos Aires, encontro no decurso do cal o mandatario autonómico foi informado das accións e plans de futuro que esta comunidade galega ten planificado desenvolver no futuro próximo.

 

Miranda e Eiranova repasaron a actualidade da diáspora galega na capital da República Arxentina, país do estranxeiro no que reside o maior número de galegas e galegos. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística a 1 de xaneiro de 2017, esta cifra ascende a 172.948, dos cales tres de cada catro (o 74’72 %,un total de 129.234) naceron xa na diáspora.

 

A Asociación Casa de Galicia naceu “con fins solidarios, culturais, sociais e recreativos” e, como é común noutras comunidades galegas con sede en Bos Aires, desde o primeiro momento se configurou como punto de encontro da colectividade e como vehículo de mantemento e transmisión da cultura e valores propios da nosa terra.

 

Fundada no ano 1933, conta con grupos culturais moi activos, acadando certa sona os grupos de gaitas, cantareiras e danzas tradicionais, e colabora ademais coa Delegación da Xunta en cantos trámites administrativos atinxen aos residentes galegos na capital arxentina, aspecto que destacou Miranda tralo encontro: “Na medida en que os valores e cultura da nosa terra se transmiten ás segundas xeracións, e as entidades serven ademais de vehículo activo de conexión con Galicia e o seu Goberno, as comunidades galegas asentan o seu futuro”, afirmou o secretario xeral.

988 lecturas