Miranda destaca o traballo do Centro Galego de Mallorca pola galeguidade durante a inauguración da súa nova sede

O secretario xeral da Emigración asistiu á inauguración da nova sede da entidade que conta con máis instalacións que permitirán dinamizar as actividades e atraer á colectividade galega máis nova da illa.

  • O secretario xeral da Emigración asistiu á inauguración da nova sede do Centro Galego de Mallorca
    O secretario xeral da Emigración asistiu á inauguración da nova sede do Centro Galego de Mallorca
  • O secretario xeral da Emigración asistiu á inauguración da nova sede do Centro Galego de Mallorca
    O secretario xeral da Emigración asistiu á inauguración da nova sede do Centro Galego de Mallorca
Listen to this page using ReadSpeaker
Palma de Mallorca, 30 de abril de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu na tarde de onte á inauguración da nova sede do Centro Galego de Mallorca, que abre as súas portas na rúa Carrer de Covadonga. O responsable autonómico destacou o traballo realizado polos socios e socias e a directiva do centro en prol da galeguidade durante todos estes anos.

Esta entidade galega naceu en 1986, co obxectivo de ser unha prolongación de Galicia en Mallorca, irmandando aos galegos e galegas con esta illa, así como apoiar e axudar á colectividade en todo o preciso, e promocionar o galego e a nosa cultura nesta comunidade autónoma. Na actualidade conta cun número total de socias e socios que supera os dous centenares.

A actual sede conta con diferentes estancias, contando cunha zona para actividades ao aire libre de xeito que se poidan dinamizar os eventos e atraer á entidade á colectividade galega máis nova da illa.

385 lecturas