Miranda destaca en Bos Aires o papel das comunidades da diáspora na proxección e mellora da imaxe de Galicia en todo o mundo

O secretario xeral da Emigración participou, xunto ao embaixador español na Arxentina, na Feira das Colectividades de Bos Aires, este ano con especial protagonismo de Galicia. 

Tamén acudiu á procesión marítima do Carme, que se celebrou no popular barrio de La Boca, e visitou as asociacións de Zas e Corcubión. 

  • Na imaxe, o secretario xeral da Emigración na súa visita á sede da Asociación 'Hijos de Zas'
    Na imaxe, o secretario xeral da Emigración na súa visita á sede da Asociación 'Hijos de Zas'
  • Imaxe da procesión marítima do Carme, que se celebrou no popular barrio porteño de La Boca
    Imaxe da procesión marítima do Carme, que se celebrou no popular barrio porteño de La Boca
  • Imaxe da procesión marítima do Carme, que se celebrou no popular barrio porteño de La Boca
    Imaxe da procesión marítima do Carme, que se celebrou no popular barrio porteño de La Boca
  • Imaxe da procesión marítima do Carme, que se celebrou no popular barrio porteño de La Boca
    Imaxe da procesión marítima do Carme, que se celebrou no popular barrio porteño de La Boca
  • O secretario xeral da Emigración reuniuse tamén con conselleiro laboral da Embaixada de España na Arxentina
    O secretario xeral da Emigración reuniuse tamén con conselleiro laboral da Embaixada de España na Arxentina
  • Miranda visitou asimesmo a Feira de Colectividades que se celebra en Bos Aires
    Miranda visitou asimesmo a Feira de Colectividades que se celebra en Bos Aires
  • Miranda visitou asimesmo a Feira de Colectividades que se celebra en Bos Aires
    Miranda visitou asimesmo a Feira de Colectividades que se celebra en Bos Aires
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2017.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado en todo momento polo delegado da Xunta en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro, acudiu en Bos Aires á procesión marítima da Virxe do Carme, organizada pola Asociación Hijos del Ayuntamiento de Zas no popular barrio de La Boca. No decurso da celebración gabou o labor realizado polos “galegas e galegos que un día tiveron que deixar a terra e asentarse aquí, para seguir construíndo Galicia na distancia e, desde logo, contribuír como poucos ao progreso e desenvolvemento de Arxentina”.

Trala celebración, visitou a sede da entidade, fundada en 1923, arestora con medio millar de socias e socios, cuxa coordinadora é Beatriz Carballo, e integrante pola circunscrición de América da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, máximo órgano de representación da diáspora.

O secretario xeral participou tamén na Feira de Colectividades, celebrada no popular e céntrico Predio Ferial de Dorrego y Conde, á que asisten decenas de miles de veciños e veciñas de Bos Aires, e cuxo protagonismo recaía este ano fundamentalmente nas comunidades galegas presentes na Arxentina. Miranda acudiu ao evento acompañado do delegado da Xunta, Alejandro López Dobarro, e tamén do embaixador de España nesa república, Francisco Javier Sandomingo.

Trátase dun evento de alta participación no que as entidades galegas da Arxentina concitan o interese do público xeral bonaerense, mellorando así a proxección turística e económica de Galicia na capital arxentina: por exemplo, das múltiplas celebracións do certame ‘Buenos Aires celebra’, á dedicada á nosa terra é a que máis participantes acada cada ano.

Rematou a súa axenda do día o alto cargo autonómico cunha visita a Asociación Benéfica Cultural Partido de Corcubión, fundada no ano 1922, que conta con máis de 800 socios e socias, e que preside Carlos Ameijeiras. Alí, o secretario xeral destacou que entidades coma esta manteñen a Galeguidade “nesta querida quinta provincia que os galegos de ben xamais esquecemos. Quero poñer en valor a vosa capacidade de plena integración na sociedade de recepción sen renunciar ao mantemento da nosa cultura e valores: sodes exemplo de que é compatible ser arxentino e galego, galego e arxentino”, salientou Miranda.

1141 lecturas