Miranda compromete o apoio de Emigración ás actividades de revitalización do Centro Galego de Valencia

A presidenta da entidade visitou ao secretario xeral e presentoulle un avance das mesmas.

O alto cargo da Xunta gaba o “alto compromiso da mocidade galega residente en Valencia coa súa terra”.

  • Miranda con Lorena Nieves Seoane, presidenta do  Centro Galego de Valencia
    Miranda con Lorena Nieves Seoane, presidenta do Centro Galego de Valencia
  • Miranda con Lorena Nieves Seoane, presidenta do  Centro Galego de Valencia
    Miranda con Lorena Nieves Seoane, presidenta do Centro Galego de Valencia
  • Miranda con Lorena Nieves Seoane, presidenta do  Centro Galego de Valencia
    Miranda con Lorena Nieves Seoane, presidenta do Centro Galego de Valencia
  • Miranda con Lorena Nieves Seoane, presidenta do  Centro Galego de Valencia
    Miranda con Lorena Nieves Seoane, presidenta do Centro Galego de Valencia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de abril de 2014.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho á presidenta do Centro Galego de Valencia, Lorena Nieves Seoane, quen presentou un avance dalgunhas das actividades que a nova directiva da entidade ten previsto para revitalizala, e para favorecer unha maior integración da cultura galega na sociedade de recepción.

Estas actividades, que terán lugar en colaboración con diversas entidades locais ao longo deste ano, axudarán non só a espallar a cultura galega aos habitantes da cidade, senón que o farán tamén aos millóns de visitantes de todo o mundo que a capital mediterránea recibe cada ano, o cal servirá de altofalante e escaparate de primeira categoría para a Galicia actual e moderna.

Desta maneira, ademais de darse a coñecer como entidade con personalidade propia, o Centro Galego de Valencia axudará á proxección nacional e internacional de Galicia, e á súa promoción económica e como destino turístico, con especial atención ao Camiño de Santiago.

Pola súa banda, Miranda transmitiu o apoio do seu departamento, e de todo o Goberno galego, a esta filosofía de actividade da nova directiva, conformada nos seus postos máis relevantes por mulleres cunha media de idade baixa en comparación con outras comunidades, “proba do alto nivel de compromiso coa súa terra da mocidade galega, e segundas xeracións de galegos, residentes en Valencia”, en palabras do secretario xeral.

Miranda anunciou o apoio firme ás accións que desenvolva o Centro valenciano “para dar continuidade á revitalización encetada pola anterior directiva, á que agradecemos e valoramos o traballo realizado para dotar da fortaleza que merece un centro galego asentado nunha cidade desa importancia no panorama nacional e internacional”.

En breve, a Castellón
Igualmente, o secretario xeral da Emigración gabou a existencia dun espazo de colaboración, cada vez máis fornecido, entre as distintas entidades galegas asentadas na Comunidade Valenciana. A este respecto, puxo de relevo o labor tamén realizado polas comunidades galegas de Alacante e Castellón, cidade esta última que visitará en breve, invitado pola directiva do Centro Galego, para inaugurar as súas novas instalacións.

En imaxes
1428 lecturas