Miranda anuncia a publicación dunha biografía en banda deseñada sobre Ricardo Carvalho Calero dentro da Aula GaliciaAberta

O secretario xeral da Emigración presenta esta tarde nunha videoconferencia emitida en directo a través do Facebook Live de GaliciaAberta que a nova proposta poderá verse na páxina web a partir de mañá, 27 de novembro.

A presentación terá lugar hoxe, 26 de novembro, ás 20:00 h
A presentación terá lugar hoxe, 26 de novembro, ás 20:00 h
Vídeo da presentación
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presenta esta tarde a través dunha videoconferencia a publicación na Aula GaliciaAberta da biografía de Ricardo Carvalho Calero realizada en banda deseñada e centrada na vida do autor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas.

O libro, ilustrado por Miguel Pérez Ramudo e editado Polo Correo do Vento, forma parte dun proxecto que ten coma obxectivo que a colectividade galega no estranxeiro poida coñecer a figura literaria pero tamén a súa historia persoal deste escritor que foi ensinante, estudoso e investigador da nosa cultura.

A Secretaría Xeral da Emigración publicará así na súa páxina web, a través da Aula GaliciaAberta, esta iniciativa que está realizada a través dunha banda deseñada, que nos ensina a coñecer un chisquiño máis a figura de Ricardo Carvalho Calero, contándonos dende o seu nacemento en Ferrol en 1910, ata a primeira obra de teatro que comezou a escribir con tan só 11 anos e os artigos e poemas que foron centro da súa creación durante a súa xuventude. Os seus estudos de Dereito e Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela, o seu ingreso no Seminario de Estudos Galegos en 1931, o seu primeiro libro de poemas en galego (Vieiros)... o seu apoio a creación dun Estatuto de Autonomía para Galicia... e por suposto, a súa experiencia durante a Guerra Civil e o cárcere. Tamén trata o seu paso polo colexio Fingois, que apostaba por unha formación diferente, xunto a Bernardino Graña, Méndez Ferrín ou María Xosé Queizán. O seu ingreso na Real Academia Galega e a publicación da súa Historia da Literatura Galega e a Gramatica Elemental del Gallego Común, obras esenciais para o coñecemento da nosa lingua e literatura. 

As e os interesados poden desfrutar desta lectura a través do enlace: https://emigracion.xunta.gal/actividade/aula-galiciaaberta

684 lecturas