Miranda afirma que a Galicia do exterior estará en “permanente débeda” co presidente Albor

O secretario xeral da Emigración participou no Congreso Internacional sobre a figura do centenario presidente, o primeiro da Xunta electo democraticamente. 

Na clausura do evento tomaron parte o presidente da Xunta e o do Goberno de España. 

  • O presidente da Xunta e o do Goberno de España participaron na clausura do Congreso Internacional sobre a figura do centenario presidente, o primeiro da Xunta electo democraticamente
    O presidente da Xunta e o do Goberno de España participaron na clausura do Congreso Internacional sobre a figura do centenario presidente, o primeiro da Xunta electo democraticamente

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2017.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta fin de semana no Congreso Internacional “Gerardo Fernández Albor e o seu tempo. Cen anos dun presidente”, coincidindo co aniversario do nacemento do que fora o primeiro presidente electo da Xunta, evento que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia.

A conferencia de clausura foi ofrecida polo actual mandatario galego Alberto Núñez Feijóo, e no decurso do evento impúxose ao Dr. Albor a Medalla de Ouro ao Mérito ao Traballo por parte do presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy Brey, recoñecemento concedido polo Consejo de Ministros o pasado mes de xuño.

Na súa alocución en torno á ‘Galicia Exterior’, Miranda asegurou que “estar hoxe e aquí e un dos momentos máis transcendentes da miña vida, porque sen matices Fernández Albor é unha das persoas máis importantes na Historia de Galicia”. Lembrou o secretario xeral que “hai trinta anos, cando Albor tomou posesión, os galegos xa eramos unha das culturas máis espalladas polo planeta; pero foi el quen tivo a perspicacia de anticiparse en moitos anos ao crecente recoñecemento á diáspora, poñendo luz e foco sobre os centos de milleiros de paisanos do Exterior. Os galegos residentes fóra do territorio estarán en permanente débeda co Presidente Albor”.

“Foi tamén Albor -proseguiu Miranda- o primeiro dirixente galego que cruzou o océano para dicir alto e claro aos paisanos residentes no estranxeiro que Galicia non os esquecía, e que habería tempo para o retorno: son o xestor de toda esa herdanza, de toda esa esperanza depositada por xeracións de residentes no estranxeiro. Satisfaime formar parte da xeración de dirixentes que ve que agora hai máis entradas que saídas a Galicia desde o estranxeiro”, feito que, segundo o titular de Emigración, débese en gran medida ao camiño encetado por Fernández Albor.

Albor e o retorno
Despois de lembrar o ímprobo traballo por Europa do primeiro presidente electo da Xunta de Galicia, que foi pedra angular na reunificación alemá e no recoñecemento ao Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo, Miranda afirmou que “hoxe, a Galicia territorial ten deixado de ser unha comunidade do furgón de cola español para pasar a homologarse ás máis avanzadas. Máis de medio millón de galegos residen no estranxeiro, pero son moitísimos os que volveron e seguen volvendo á terra, atraídos por ese desenvolvemento exemplar que temos acadado”.

Malia esa corrente de retorno, o secretario xeral da Emigración lembrou que “a Galicia Exterior segue crecendo, pois máis do 70 por cento dos galegos residentes no Exterior son paisanos que xa naceron na diáspora (...) Medio millón de galegos, un quinto da poboación total, reside no Exterior, aos que habería que sumar os galegos que viven noutras comunidades autónomas españolas, en torno a 350.000. Cada un deles transmiten aos seus fillos e fillas o amor pola terra: temos case tanta Galicia fóra coma dentro. Unha poboación que quere debuxar un futuro común: é para nós unha fortaleza, un tesouro. Un activo indiscutible en boa medida grazas a que persoas como Albor nos abriron os ollos neste aspecto”, dixo Miranda.

932 lecturas