Miranda acudiu á homenaxe a Neira Vilas na Cidade da Cultura, presididida por Núñez Feijóo

O secretario xeral da Emigración lembrou a importancia do escritor recentemente falecido para poñer en valor, tamén na Literatura, a pegada histórica e presente da diáspora galega, especialmente en Cuba.

O compromiso de Galicia e o seu Goberno coas comunidades galegas, e coas e cos individuos galegos, presentes na illa plásmase cada ano nas axudas para residentes no Exterior, que benefician maioritariamente ás e aos paisanos en Cuba.

  • De esquerda a dereita: o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González; e mailo cónsul da República de Cuba en Galicia, José Antonio Solana
    De esquerda a dereita: o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González; e mailo cónsul da República de Cuba en Galicia, José Antonio Solana

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2016.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acudiu á homenaxe, presidida por Alberto Núñez Feijóo e celebrada na Cidade da Cultura de Galicia, na honra do escritor Xosé Neira Vilas, recentemente falecido, e un dos máis egrexios representantes da Literatura galega contemporánea, así como excelente coñecedor da realidade da Emigración galega, nomeadamente en Cuba.

Ademais de Feijóo e Miranda, participaron outras moitas personalidades do ámbito cultural, social, económico, político e de toda índole, expoñente do agarimo popular cara unha das figuras máis senlleiras das letras galegas, que foi sempre altofalante da relevancia histórica das comunidades galegas do Exterior.

Miranda salientou que “sen esquecer o pasado, quixera subliñar que o futuro de Galicia non se entenderá, non poderemos entendelo, sen botar unha ollada ao Exterior, onde están a nacer novas xeracións de galegos –si, de galegos e galegas identificados con este termo- que son novas oportunidades, novos espellos onde mirar a Galicia do século XXI, e das vindeiras centurias, tal e como sinalou Neira Vilas en máis dunha ocasión”.

En cifras globais, o 70 por cento dos galegos e galegas do Exterior naceron xa nos países da diáspora, porcentaxe que aumenta considerablemente no caso cubano, illa pola que Neira Vilas, como moitas e moitos outros artistas na diáspora, sentía unha especial implicación. Así, unicamente 455 dos máis de 36.000 galegos e galegas residentes en Cuba naceron na súa provincia de inscrición.

“É o noso compromiso, e quero lembralo hoxe especialmente nesta homenaxe, –dixo o secretario xeral- garantir as mellores condicións de vida posibles par tódolos galegos, sexa cal for o seu lugar de residencia, e polo tamén para os que viven na illa prezada por Neira”, como demostra o feito de que a máis alta porcentaxe das axudas individuais para galegos e galegas no Exterior benefician a residentes en Cuba.

“Agora que a illa abre novas portas ao Exterior, neste momento histórico en que se intentan recuperar antigas ligazóns, resulta oportuno lembrar que nos tempos máis difíciles, cando o illamento era regra diaria, é certo que Cuba estivo con Galicia, pero tamén que Galicia soubo estar con Cuba. Demostrouno, demóstrao e tamén o demostrará. Á marxe de avatares  históricos e políticos, os lazos entre Cuba e Galicia están fornecidos por anos de respecto, entendemento e cariño mutuos, algo do que Neira Vilas sabía moito. Algo que nós tampouco esquecemos nin esqueceremos”, asegurou Miranda.

904 lecturas