Isabel Pérez avoga por un crecemento económico que prime a inclusión social e preserve o medio ambiente

A representante da iniciativa Rede de Solucións para o Desenvolvemento Sostible da ONU expuxo no Centro Galego de Barcelona os principios e obxectivos da Axenda 2030.

As actividades do Centro Galego desta fin de semana incluíron a actuación do Coro Lonxe da Terra no Auditorio de Barcelona, no acto de celebración do 40 aniversario da emblemática Escola de Gaitas Toxos e Xestas.

  • Cambiar o modelo de crecemento económico cara a un desenvolvemento global que prime a inclusión social, evite as desigualdades e preserve o medio ambiente constitúe o principio xeral da Axenda 2030
    Cambiar o modelo de crecemento económico cara a un desenvolvemento global que prime a inclusión social, evite as desigualdades e preserve o medio ambiente constitúe o principio xeral da Axenda 2030

Listen to this page using ReadSpeaker
Barcelona, 26 de novembro de 2018.

Cambiar o modelo de crecemento económico cara a un desenvolvemento global que prime a inclusión social, evite as desigualdades e preserve o medio ambiente constitúe o principio xeral da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible polo que avogou Isabel Pérez Dobarro, representante da iniciativa UN Sustainable Development Solutions Network – Youth (SDSN-Youth) -sección xuvenil da Rede de Solucións para o Desenvolvemento Sostible da ONU-, na conferencia ofrecida no Centro Galego de Barcelona. Na súa intervención, a compostelá expuxo os obxectivos da citada Axenda 2030, aprobada en 2015 en Nova York por máis de 150 xegas e xefes de Estado e de Goberno.

Os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) incluídos na Axenda son herdeiros dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), aprobados no ano 2000 e con fin temporal en 2015, que pretenden ampliar con novas metas de promoción da prosperidade e protección do planeta. Obxectivos centrados no fin da pobreza e da fame; a consecución de niveis adecuados de saúde e benestar, dunha educación de calidade e dunha igualdade de xénero real; a universalización da subministración de auga limpa e do saneamento e de enerxías alcanzables e non contaminantes.

O papel da mocidade
Igualmente, buscan unha economía baseada en empregos dignos, actuacións relacionadas coa industria, a innovación e as infraestruturas e que reduza as desigualdades; o logro de cidades e comunidades sostibles e dunha produción e un consumo responsables; e accións relacionadas co clima, a vida submarina e os ecosistemas terrestres, ademais da paz e a xustiza, a solidez das institucións e as alianzas para alcanzar os obxectivos.

A tamén pianista Isabel Pérez defende a implicación activa da mocidade na consecución dun desenvolvemento sostible. Ela mesma dirixe, dentro de SDSN-Youth, o proxecto Arts Twenty Thirty, dirixido a inspirar un movemento social para o desenvolvemento sostible e o logro de solucións para os retos actuais e futuros a través das artes.

O Coro Lonxe da Terra no Auditorio de Barcelona
As actividades do Centro Galego de Barcelona deste fin de semana incluíron tamén a actuación do Coro Lonxe da Terra, propio do Centro, no Auditorio de Barcelona, onde participou no acto de celebración do 40 aniversario da emblemática Escola de Gaitas Toxos e Xestas. Creada en 1977 por iniciativa de Xosé Luís Foxo, Toxos e Xestas constitúe unha das entidades máis destacadas de promoción da música e a cultura de Galicia no exterior.

Ademais do coro do Centro Galego de Barcelona, participaron no acto, no que Toxos e Xestas actuou xunto ao grupo T-Folk, o Rapero Marc, Cor Turull, o Centro Asturiano de Barcelona e a City of Barcelona Pipe Band, entre outros.

92 lecturas