INFORMACIÓN SOBRE A ATENCIÓN AOS GALEGOS E GALEGAS DO EXTERIOR

Imaxe de arquivo da xornada de formación ao persoal da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno
Imaxe de arquivo da xornada de formación ao persoal da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2020.

A Xunta de Galicia está, hoxe máis ca nunca, ao carón de todas as galegas e os galegos que residen no exterior. Nestes momentos de especial dificultade, Galicia está pendente de todas e todos os galegos que están a vivir as consecuencias desta pandemia mundial desde os seus distintos países de acollida, polo que vén de reforzar a súa atención ás e aos seus, estean onde estean.

Así, malia que a atención presencial ao público da Secretaría Xeral da Emigración permanecerá suspendida mentres dure a situación actual en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (CECOP), sobre as medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico, como consecuencia da evolución epidemiolóxica do Coronavirus, a atención aos galegos e galegas do exterior continúa activa, prestándose con máis intensidade e dedicación, se cabe.
 
Todas as consultas, tanto no ámbito da emigración como do retorno, seguen a responderse e tramitarse con todos os recursos que están a disposición desta Secretaría. Co gallo de paliar as consecuencias da suspensión temporal da atención presencial ao público, este departamento do Goberno galego mantén operativas as seguintes direccións de correo electrónico e números de teléfono. 

Pregámoslles que empreguen o correo electrónico para as consultas ordinarias, deixando as telefónicas para aquelas extraordinarias ou de maior gravidade, co fin de aumentar a operatividade do sistema de atención ás e aos galegos no exterior:

EMIGRACIÓN

Para consultas de información xeral 
Correo electrónico: oficina.emigracion@xunta.es
Teléfono: 0034 981 547268

Para consultas sobre axudas a entidades galegas
Correo electrónico: emigracion.subvenciones@xunta.gal
Teléfono: 0034 981 545833

RETORNO

Para consultas xerais sobre retorno 
Correo electrónico: retorno.emigracion@xunta.es
Teléfono: 0034 981 957162

Para consultas ás diferentes sedes da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retornado de Galicia
Correos electrónicos:
oficinaretorno.emigracion.santiago@xunta.gal
oficinaretorno.emigracion.coruna@xunta.gal
oficinaretorno.emigracion.ourense@xunta.gal
oficinaretorno.emigracion.vigo@xunta.gal
oficinaretorno.emigracion.lugo@xunta.gal

DELEGACIÓNS DA XUNTA

Para consultas á Delegación da Xunta na Arxentina:
Correo electrónico: delegacion.buenosaires@xunta.es
 
Para consultas á Delegación da Xunta no Uruguai:
Correo electrónico: delegacion.montevideo@xunta.es

Tan pronto sexa posible volveremos abrir as nosas oficinas físicas para seguir prestando a todos os galegos e galegas do exterior a mesma atención que levamos dedicándolles os últimos 40 anos. Desde a casa ou desde as súas sedes físicas, Galicia está e estará sempre convosco. E, lembrade, quedar na casa é saúde.

En imaxes
1818 lecturas