Igualdade destina 289.000 € ao programa de colaboración coas entidades especializadas na atención a mulleres prostituídas

A presidenta da Asociación Faraxa para a abolición da prostitución foi recibida onte pola secretaria xeral da Igualdade.

Segundo anunciou Susana López Abella, o convenio deste ano asinarase en breve con todas as entidades e ONGs que traballan neste ámbito, Cruz Vermella, Cáritas Diocesana de Santiago e de Ourense, Relixiosas Oblatas de Ferrol, Adoratrices de Ourense, Asociación da Comisión Católica Española de Migración (ACCEM), Médicos do Mundo, Asociación Ecos do Sur e Faraxa.

Listen to this page using ReadSpeaker

A secretaria xeral recibiu ás responsables da asociación FaraxaA secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a presidenta da Asociación Faraxa para a abolición da prostitución, Carmen Lago, analizaron onte as diferentes iniciativas de colaboración actuais e futuras, no trascurso da xuntanza mantida a última hora desta mañá no edificio administrativo de San Lázaro, á que tamén asistíu a psicóloga da asociación, Liliana Freixeiro. Esa colaboración está contextualizada dentro do programa desenvolvido por Igualdade coas ONGs e entidades de Galicia especializadas na atención a mulleres prostituídas, entre as que se atopa Faraxa.

Este programa contará este ano cunha dotación de Igualdade de 289.000 euros, que se materializará a través dos convenios que se asinarán en breve, segundo anunciou na reunión Susana López Abella. Amáis de Faraxa forman parte do programa Cruz Vermella, Cáritas Diocesana de Santiago e de Ourense, Relixiosas Oblatas de Ferrol, Adoratrices de Ourense, a Asociación da Comisión Católica Española de Migración (ACCEM), Médicos do Mundo e a Asociación Ecos do Sur.

Pola súa banda, a presidenta da asociación, Carmen Lago, puxo de relevo a dificultade de que as mulleres se recoñezan vítimas e denuncien a súa situación, tendo en conta que o 95% das persoas atendidas por Faraxa son vítimas de trata.

Unha comunicación verbal eficaz, determinante nos casos de trata de mulleres
Como novidade e para mellorar a comunicación verbal coas usuarias, a Secretaría Xeral da Igualdade instalou a finais de 2011 un sistema de teletradución a 51 idiomas en Faraxa e en todas as entidades especializadas na atención a mulleres prostituídas participantes no programa de colaboración.

Esta iniciativa responde ao compromiso da Xunta de mellorar as técnicas para unha eficaz atención ás usuarias, con independencia da súa lingua, ante as novas características poboacionais derivadas da inmigración. A teletradución está pensada para dar apoio a unha parte da poboación que ten dificultades engadidas para acceder aos recursos existentes, formada polas mulleres inmigrantes residentes en Galicia, facilitando unha comunicación verbal máis eficaz, que resulta determinante nos casos de consulta por trata de mulleres ou violencia de xénero.

Unha delegración de Brasil visita Galicia en maio, no Programa Itíneris
A segunda grande liña de actuación da Secretaría Xeral da Igualdade no ámbito da atención ás mulleres prostituídas concrétase no programa internacional Itíneris, no que participan Galicia, Portugal e Brasil co obxectivo de afrontar a trata en orixe, neste caso Brasil, e establecer actuacións coordinadas para protexer os dereitos das persoas inmigrantes no ámbito da explotación e da trata.

Dentro da axenda de iniciativas de Itíneris, está previsto que o vindeiro mes de maio unha delegación brasileira de axentes vencellados á loita contra a trata visite Galicia como consecuencia dos compromisos adoptados na recente xuntanza celebrada na cidade brasileira de Recife, na que participou a Secretaría Xeral da Igualdade.

818 lecturas