Herbas de Prata aborda o papel das mulleres no seu encontro mensual

Listen to this page using ReadSpeaker

A asociación galega Herbas de Prata celebrou o seu encontro mensual durante a semana pasada no centro de Betanzos de Bos Aires. Os talleres Cousas de Mulleres fanse unha vez por mes, entre abril e xuño e entre agosto e novembro de cada ano en diferentes institucións da colectividade. Nelas abórdanse temáticas de xénero dende diferentes perspectivas a través de xogos, dramatizacións, técnicas e exercicios.

A psicóloga Patricia Alonso é a coordinadora desta iniciativa que xurdiu no ano 2007 tras escoitar algunhas das emigrantes galegas. As reunións serían o xerme da sociedade que se creou posteriormente. Ao longo do tempo, estes talleres pasaron a ser encontros de reflexión sobre o papel da muller.

O obxectivo do taller é facer un traballo de fortalecemento interno e de toma de conciencia da importancia de ser parte desta sociedade. «Asumir que somos tan importantes como os homes, nin máis, nin menos, e a partir de alí virán os cambios», acoutou Alonso.

644 lecturas