Galicia Emigración ofrece un curso gratuíto para emigrantes retornados
Nos meses de xuño e xullo, a Fundación Galicia Emigración ofrecerá cursos de atención a domicilio a persoas dependentes en Ourense e Vigo. As clases son gratuítas e están destinadas a emigrantes retornados e inmigrantes. O obxectivo é proporcionar a integración laboral, xa que hai un compromiso previo de contratación por parte do alumnado. En Ourense, o curso iníciase o 21 de xuño e ten 120 horas de duración.
En Vigo ten unha duración máis longa, de 460 horas. As clases distribúense en 370 horas de formación teórica, 80 horas de prácticas, 5 horas dun curso de manipulación de alimentos e outras 5 dun módulo de busca de emprego. Terá lugar entre 8 de xullo e 15 de novembro, de luns a venres, polas mañás. A data de inscrición é ata o 3 de xullo. Máis información na páxina web da fundación: www.fundaciongaliciaemigracion.es.
Novas relacionadas