As gaitas da Asociación Centro Galego e Casas de Galicia de Barcelona e Provincia acompañan a estrea dun tema inédito de BFlecha no Primavera Sound
Dúas gaiteiras da entidade actuaron nun dos escenarios do Parc del Fòrum xunto á artista viguesa de música electrónica, unha sorpresa reservada pola organización para a xornada do venres.
- As dúas gaiteiras acompañaron a actuación da viguesa BFlecha
- As dúas gaiteiras acompañaron a actuación da viguesa BFlecha
- As dúas gaiteiras acompañaron a actuación da viguesa BFlecha
- As dúas gaiteiras acompañaron a actuación da viguesa BFlecha
- As dúas gaiteiras acompañaron a actuación da viguesa BFlecha
A gaita galega tivo unha presencia moi especial no Primavera Sound 2019, un dos festivais de música contemporánea máis importantes de España, que empezou o pasado luns en Barcelona. Dúas integrantes do grupo de gaiteiras da Asociación Centro Galego e Casas de Galicia de Barcelona e Provincia acompañaron a estrea dun tema inédito de BFlecha, nome artístico de Belén Vidal, artista viguesa cunha longa e exitosa traxectoria na música electrónica. A actuación tivo lugar no Lotus, un dos escenarios do festival do Parc del Fòrum barcelonés.
Compositora, vocalista e produtora, BFlecha, cofundadora xunto con Mwëslee do selo e colectivo Arkestra Discos, combina sons de distintos estilos como Rhythm and Blues, pop, hip-house ou electrónica, desde unha perspectiva moi persoal.
O Primavera Sound 2019 reuniu a pasada semana en Barcelona a preto de 300 artistas que ofreceron, ata o domingo, un total de 331 actuacións. Desde o seu arranque en 2001, converteuse nun referente como festival urbano para espectadoras e espectadores de varias xeracións e afeccionadas e afeccionados a distintos estilos musicais como o rock, o pop ou tendencias underground: Miley Cyrus, Rosalía, Ninna Kraviz, Solange, Christina Rosenvinge ou DJ Coco, son algunhas e algúns dos protagonistas da presente edición. O evento, que abre a temporada de festivais en España, atrae a un público maioritariamente estranxeiro, procedente de 120 países.
Fonte e fotos: Centro Galego de Barcelona
Novas relacionadas