Fotografías e relatos da emigración nunha mostra en Nigrán

Un traballo de investigación recolleu testemuños de persoas que marcharon nos anos 50 e que retornaron para vivir no municipio pontevedrés.

Listen to this page using ReadSpeaker
18 de outubro de 2010.

O fenómeno da emigración nos anos 50 e 70 e o retorno a Galicia son os temas dunha mostra que se expón no Centro Comercial Ramallosa Siglo XXI, situado no municipio pontevedrés de Nigrán. Os paneis son o resultado dun traballo de investigación que recolleu testemuños e fotografías de persoas que marcharon hai máis de 50 anos e que regresaron a Galicia.

Tamén forma parte da exposición un documental realizado por Antonio Caeiro no que os emigrantes retornados contan as súas experiencias. O vídeo é proxectado nunha pantalla que foi colocada no centro das instalacións.

Tamén forman parte da mostra os relatos de inmigrantes que a día de hoxe viven en Nigrán. A idea é ensinar como a localidade, que un día foi un pobo de emigrantes, actualmente recibe persoas doutros países que elixiron construír as súas vidas aí. O traballo de investigación que posibilitou a realización da mostra foi coordinado pola técnica de emigración Inma Diego.

1547 lecturas