Rueda agradece a OSPAÑA a atención sanitaria que dá ao gran colectivo de galegas e galegos que residen na Arxentina

Alfonso Rueda  e Rodríguez Miranda asistiron ao Aniversario da Obra Social OSPAÑA, no Club Español. 

  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o  secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda asistiron tamen á celebración do Día da Hispanidade na Embaixada de España en Bos Aires
    O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda asistiron tamen á celebración do Día da Hispanidade na Embaixada de España en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 9 de outubro de 2015.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda agradeceu o labor da Obra Social OSPAÑA, que atende en materia sanitaria a un gran colectivo de galegas e galegos e españois que residen na Arxentina.

Alfonso Rueda  e Rodríguez Miranda asistiron ao Aniversario da Obra Social OSPAÑA, no Club Español, onde Alfonso Rueda felicitou á entidade polo seu octavo aniversario, e destacou que a atención sociosanitaria que reciben os nosos e as nosas emigrantes é unha prioridade para o goberno galego e por iso non se vai permitir que ningún galego ou galega residente no exterior teña que renunciar a disfrutar duns servizos sociais básicos por falta de recursos.

Segundo relatou o titular da Vicepresidencia, Ospaña é un instrumento esencial para garantir o dereito á saúde dos españois e españolas que viven no país rioplatense, ademais de ser unha garantía de confianza e seguridade para o conxunto ddas e dos inmigrantes españois e das súas familias que buscan acceder a un servizo de saúde cas máximas prestacións, e boa proba do seu traballo é que conta con máis de 40.000 persoas afiliadas, a meirande parte pensionistas españolas non contributivas que residen alí.

Ospaña está levando a cabo alianzas estratéxicas para poder chegar a un segmento de poboación máis amplo, e especialmente aos sectores máis desfavorecidos e vulnerables dentro da colectividade española en Arxentina, polo que o vicepresidente que para cumprir este obxectivo teñen o apoio do goberno galego, xa que a Xunta está comprometida co benestar e cos servizos sociais de igual maneira en Galicia coma na quinta provincia.

1444 lecturas