A exposición «Nós mesmos» fai unha viaxe histórica polas primeiras asociacións galegas no exterior.

A mostra pode ser visitada na Casa de España de Río de Janeiro, en Brasil.

Listen to this page using ReadSpeaker

Organizada polo Consello da Cultura Galega da Xunta de Galicia e pola Secretaría Xeral da Emigración, a exposición Nós Mesmos. Asociacionismo galego na emigración presenta os rexistros do xurdimento das primeiras asociacións galegas, das súas actividades e da súa relevancia para xuntar estes emigrantes.

A mostra articúlase en sete capítulos e está composta por un total de 72 paneis verbo-icónicos nos que se conxugan escenarios xeográficos, momentos cronolóxicos, así como os principais aspectos susceptibles de atención do tecido societario da Galicia exterior que, nun fértil xogo de interaccións simbólicas, o visitante se poderá enriquecer coas experiencias, e os recordos que garda na súa bagaxe persoal.

A exposición pode ser visitada na Casa de España do Río de Janeiro, en Brasil.

1877 lecturas