Emigración súmase á oitava andaina contra a violencia de xénero “Camiño ao respecto”
A Secretaria Xeral de Emigración invita a tódolos galegos e galegas no exterior a participar nesta iniciativa virtual inscribíndose en www.caminoaorespecto.gal.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, sumouse hoxe á oitava andaina en solidariedade contra a violencia de xénero que pon en marcha a Xunta de Galicia e que ten coma obxectivo poñer fin á lacra machista.
Erradicar a violencia de xénero é unha tarefa na que non podemos permitirnos retroceder nin un paso, e para o Goberno galego é unha prioridade e un deber de xustiza coas vítimas e as súas familias seguir traballando nese camiño.
Por esa razón, Rodríguez Miranda anima a tódolos galegos e galegas no exterior a que camiñen polo seu concello ou comarca e compartan as súas imaxes nas redes co hashtag #camiñoaorespecto ata o próximo día 30.
Os interesados e interesadas deben inscribirse en www.caminoaorespecto.gal. “Cada quilómetro conta para conseguir poñer fin a esta enfermidade social, a violencia machista”, engadiu o secretario xeral.
Novas relacionadas




