Emigración recorda a través da experiencia de Diego Álvarez, bolseiro retornado do Perú, que segue aberta a nova convocatoria das bolsas BEME

O prazo de solicitude das 250 BEME para o curso 2023-2024 estará aberto ata o 28 de abril
O prazo de solicitude das 250 BEME para o curso 2023-2024 estará aberto ata o 28 de abril
Diego Álvarez - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración invita a coñecer a historia de Diego Álvarez Zapata, galego retornado do Perú, que solicitou o pasado ano unha Bolsa de Excelencia Mocidade Exterior - BEME que facilita ás galegas e galegos universitarios do exterior un máster nunha das tres universidades galegas o próximo curso 2023/24.

As e os beneficiarios da iniciativa deben ser galegos por nacemento ou descendentes por consanguinidade, acreditar un mínimo de dous anos de residencia no exterior e estar admitido na preinscrición dalgún dos mestrados das universidades galegas. A bolsa, cuxo importe é de 7.500 ou 8.000 euros (segundo a persoa beneficiaria proceda de Europa ou do resto do mundo) por curso completo de 60-72 créditos ECTS, destínase a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención na Galicia territorial. Aquelas e aqueles que se matriculen nun curso de maior duración (90 créditos) disporán dun orzamento total de entre 11.250 e 12.000 euros (en función do continente de procedencia do alumnado). Máis información nesta ligazón.

195 lecturas