Emigración lembra que as Axudas para Familias Galegas do Exterior en Situación de Emerxencia Social seguen abertas

A Xunta de Galicia destina 50.000 euros a atender aos residentes do exterior que padezan un deterioro grave da súa situación social e económica.

O prazo para solicitar estas axudas está aberto ata o próximo 15 de novembro.

Emigración lembra que as Axudas para Familias Galegas do Exterior en Situación de Emerxencia Social seguen abertas
Emigración lembra que as Axudas para Familias Galegas do Exterior en Situación de Emerxencia Social seguen abertas
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración recorda que as axudas para familias galegas do exterior que se atopen en situacións de emerxencia social continúa aberta, cun apoio de ata 3.000€ por persoa beneficiaria e destinada a persoas emigrantes galegas e aos seu fillos que posúen a condición de persoas galegas residente no exterior.

O Goberno galego destina 50.000 euros aos residente do exterior que carezan dos recursos económicos necesarios para atender aos problemas sobrevidos de carácter extraordinario, xa sexan sociais, sanitarios ou asistenciais.

Os requisitos necesarios para solicitar estas axudas son ter rendas ou ingresos escasos, contar cun patrimonio insuficiente ou acreditar razóns de carácter social, sanitario ou asistencial nun tempo próximo ao da súa solicitude como máximo nos últimos doce meses e que, pola súa gravidade requiran dunha actuación urxente.

O prazo destas axudas continuará aberto ata o 15 de novembro.

361 lecturas