A Xunta destinou 2,4M€ a 1.332 familias de galegas e galegos retornados para facer fronte aos gastos extraordinarios derivados da súa volta a Galicia

Estas axudas contaron en 2021 cunha liña específica destinada directamente aos problemas derivados da pandemia.

Dende 2018 beneficiáronse destas axudas 8.000 persoas retornadas
Dende 2018 beneficiáronse destas axudas 8.000 persoas retornadas
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración destinou un total de 2,4 millóns de euros ás galegas e galegos retornados para facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do retorno e das dificultades actuais da pandemia. En total, beneficiáronse 1.332 galegas e galegos retornados.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, explicou que en 2021 estas axudas contaron con dúas liñas, unha delas destinada directamente a atender situacións de emerxencia derivadas da actual pandemia da covid-19.

Dende a aprobación da Estratexia Galicia Retorna, no ano 2018, beneficiáronse delas 8.000 persoas retornadas, que teñen unha idade media de 38 anos. O 35% das familias teñen, ademais, fillas ou fillos menores de idade.

Estas axudas contan con dúas liñas, unha destinada a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do retorno; e unha que ten por finalidade apoiar á unidade familiar polas dificultades de inserción sociolaboral no contexto actual da pandemia. 

As e os beneficiarios foron as persoas que, residindo fóra de España con nacionalidade española, se estableceron na comunidade autónoma galega, tanto as e os nados na propia comunidade autónoma como as e os seus cónxuxes ou descendentes. A maiores, deberon contar tamén co empadroamento en Galicia e ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de tres anos inmediatamente anteriores á data do seu retorno.  

As contías máximas da primeira liña foron de 6.000 euros e, no caso da segunda liña, de ata 3.000 euros, todo dependendo do número de persoas que conformen a unidade familiar. 

376 lecturas