Emigración inaugura co gallo do Día da Muller, 8 de marzo, o seu novo espazo dedicado ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021

O responsable desta Secretaría, Antonio Rodríguez Miranda, presenta esta iniciativa hoxe, a través de Facebook Live, ás 19 horas, acompañado do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez.

O novo espazo, que se poderá contemplar na páxina de GaliciaAberta, ofrecerá audiovisuais galegos a través de catro contedores: Xacobeo, ciencia e historia galegas, música e artes escénicas.

Imaxe de 'Saberes de muller', un dos vídeos que estarán dispoñibles nesta web a partir do vindeiro 8 de marzo
Imaxe de "Saberes de muller", un dos vídeos que estarán dispoñibles nesta web a partir do vindeiro 8 de marzo
Presentación do #FondoX21 #aCulturaSegue
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2021.

A Secretaría Xeral da Emigración difundirá a través da súa plataforma web (GaliciaAberta – https://emigracion.xunta.gal), a partir do próximo 8 de marzo, un novo espazo dedicado ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, co obxectivo de que as galegas e os galegos do exterior poidan desfrutar destes contidos musicais, culturais e cinematográficos que lles acerquen máis a Galicia.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do secretario xeral de Política Língüística, Valentín García Gómez, presentarán hoxe, a través de Facebook Live, ás 19 horas (hora española) este novo apartado que fará chegar á nosa colectividade do exterior os contidos creativos de interese cultural e artístico, lingüístico e turístico que forman parte do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, de cara a promocionar a nosa lingua e cultura entre os galegos e as galegas do exterior.

Deste xeito, a través de catro contedores (Xacobeo, ciencia e historia galegas, música e artes escénicas), cada semana iranse engadindo proxectos deste fondo a este espazo. A iniciativa estrearase o próximo luns, 8 de marzo, co gallo do Día da Muller, engadindo así varios contidos audiovisuais relativos á importancia da figura da muller en Galicia en tódolos eidos da sociedade.

961 lecturas