A emigración galega protagoniza un ciclo de cine en Bruselas

O ciclo «Caminos hacia América y hacia Europa>> celebrouse o pasado fin de semana na Maison des Cultures.

Listen to this page using ReadSpeaker
15 de febreiro de 2010.

A capital belga acolleu a pasada semana un ciclo de cine dedicado á emigración galega hacia América e hacia Europa. Tratase dunha iniciativa cultural organizada por La Tentation, o centro galego de Bruselas. Esta actividade realizase dentro de outra serie de actos culturais e divulgativos que teñen a Galicia como protagonista: a exposición Nós-mesmos, organizada pola secretaría xeral da Emigración da Xunta e que está recorrendo os principais destinos da emigración galega ao longo da historia; proxeccións de cine galego coa diáspora como tema principal; a conferencia «El cine de la emigración gallega: correo documental entre Galicia y América Latina (1920-1960)»; e o concerto do colectivo ISGA

A exposición poderá visitarse en Bruselas ata o próximo 19 de febreiro.

Entre as películas que se proxectaron en Bruselas destacan Tranvías de A Coruña (1926); La Ciudad y el Campo (1934), Mamasunción (1984) de Chano Piñeiro; O Pai de Migueliño (1977), de Miguel Castelo; Emigrante (1979), de Mª Teresa Enrich Mas; Cantigas da Emigración (1980), de Daniel González Alén; Cuba libre (1995), de José Luis Ducid; Ignotus (2000), de Virginia Curiá y Tomás Conde; Os dous lados da valla (2006) de Diego Méndez Lamas; Nuestras fiestas de allá (1928), de José Gil; Galicia y Buenos Aires (1931), de José Gil; Sempre Xonxa (1989), de Chano Piñeiro; o Un franco, 14 pesetas (2005), de Carlos Iglesias.

2117 lecturas