Emigración destaca que a Asociación de Empresarios do Milladoiro continúa pondo a disposición das e dos emprendedores galegos retornados tres locais listos para iniciar novos proxectos

Para máis información poden dirixirse ao enderezo electrónico asociacionpalmirabulebar@gmail.com e o teléfono 981 545 288.

O secretario xeral da Emigración e o presidente da asociación de empresarios, durante a visita un dos locais
O secretario xeral da Emigración e o presidente da asociación de empresarios, durante a visita un dos locais
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a pasada semana a Asociación de Empresarios do Milladoiro, Palmira Boulevar, para coñecer a iniciativa que están a levar a cabo co obxectivo de recuperar locais para o comercio local e poñelos a disposición de emprendedoras e emprendedores retornados.

Trátase de tres locais que foron reformados e preparados para que as e os interesados poidan poñer en marcha de xeito inmediato o seu negocio. Un deles, incluso, xa conta cunha liña de explotación concreta coma viñoteca e degustación de queixos e conservas.

O secretario xeral destacou a importancia de que asociacións de empresarias e empresarios como a do Milladoiro sirvan de referencia e acollemento a emprendedoras e emprendedores galegos que desexen iniciar unha nova vida en Galicia. “Estar apoiados e acompañados é moi importante, en especial, en ámbitos como o administrativo ou a través da minimización de gastos”, engadiu Antonio Rodríguez Miranda.

As persoas interesadas terán que presentar un plan de traballo para garantir que o seu proxecto conta con viabilidade e estabilidade e tamén deben ter unha estratexia de dinamización e competencias no eido dixital. 

Para máis información poden dirixirse ao enderezo electrónico asociacionpalmirabulebar@gmail.com e o teléfono 981 545 288.

489 lecturas