Emigración apoiará a difusión da cultura galega a través do Festival Internacional Rebulir 2022

Imaxe da reunión celebrada hoxe no despacho do secretario xeral da Emigración na capital de Galicia
Imaxe da reunión celebrada hoxe no despacho do secretario xeral da Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe, na sede de Mazarelos, ao director do Festival Internacional Rebulir 2022, Alexandre Sotelino Losada, a quen lle reafirmou a súa aposta pola divulgación da cultura galega tanto dentro como fóra das nosas fronteiras a través deste evento que se celebra, como cada ano, no concello de Ramirás, en Ourense. 

O XVI Festival Internacional Rebulir consolidouse como unha das citas do almanaque lúdico-cultural de Ramirás (Ourense), mobilizando cada edición a centos de veciñas e veciños que acoden a desfrutar da música, dos obradoiros e das animacións programadas, moitas e moitos deles galegos do exterior que aproveitan esta festa para achegarse ata este concello ourensán. 

264 lecturas