A Coruña e Valencia abren novas rutas aéreas

Listen to this page using ReadSpeaker

Un avión da aerolínea Air Nostrum foi bautizado no aeroporto de Manises, en Valencia, co nome de «Galicia». O acto, ao que acudiron o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, e a secretaria xeral para o Turismo da Xunta, Carmen Pardo López, coincidiu coa inauguración das novas rutas da citada compañía aérea.

Segundo a Xunta, Air Nostrum agradeceu a dispoñibilidade para colaborar coa Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, no obxectivo de conseguir unha maior difusión e coñecemento de Galicia a través da utilización das aeronaves e do transporte aéreo de pasaxeiros como soporte publicitario excepcional para a promoción turística interior e exterior de Galicia.

Novas rutas

No caso da ruta A Coruña-Valencia os horarios serán os martes ás 13.50 horas e os domingos as 10.15 horas. En paralelo, as naves despegarán de Valencia ás 15.55 horas os martes e xoves e ás 12.20 horas os domingos. A pesar de todo, entre o 25 de xullo e o 5 de setembro non operarán os voos. Os billetes xa están á venda desde 79 euros, ida e volta e todo incluído.

Coa inauguración destas dúas novas rutas directas Air Nostrum pasa a operar 9 enlaces e 55 frecuencias semanais nos 3 aeroportos galegos. Na subtempada de agosto, do 23 de xullo ao 5 de setembro, Air Nostrum enlazará ademais Santiago de Compostela con Gran Canaria e Tenerife.

1979 lecturas