A comunidade galega gaña unha praza nun barrio arxentino.

O Delegado da Xunta de Galicia en Arxentina inaugurou a Praza de Galicia no parque Palihue de Bahía Blanca.

Listen to this page using ReadSpeaker

A comunidade galega faise cada vez máis presente en Arxentina. Unha proba disto é a recente inauguración da Praza Galicia no barrio Parque Palihue de Bahía Blanca.

A apertura do espazo correu A Cargo do Delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro.

Tamén acudiron ao acto de inauguración o Director do Instituto Cultural, Federico Weylan; o Chanceler do Consulado Xeral de España en Bahía Blanca, María Inmaculada San Frutos Pérez; e a presidenta do Centro Galego, Lorena Etechepare Sendín.

O Delegado da Xunta en Arxentina resaltou no seu discurso a iniciativa e o traballo do Centro Galego no desenvolvemento deste espazo e destacou o gran número de galegos e os seus descendentes que viven nesta zona da Arxentina.

Para celebrar a apertura da praza, tivo lugar unha actuación do corpo de baile e de canto do Centro Galego de Bahía Blanca.

1679 lecturas