Emigración presenta á Comisión Delegada a especialización dos seus órganos para unha mellor atención aos Galegos do Exterior e ao Retorno

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu esta cuarta reunión no que vai de ano cos representantes do Consello de Comunidades Galegas, co obxectivo de manter o contacto permanente cos representantes da colectividade do exterior.

Na reunión analizáronse tódolos programas e axudas que se levaron a cabo este ano dende as subdireccións de Retorno, Relacións coas Comunidades Galegas e Coordinación.

Tamén se fixo un pequeno avance á Comisión sobre o orzamento que a Xunta destinará aos galegos do exterior e aos retornados para o próximo 2022.

Emigración presenta á Comisión Delegada a especialización dos seus órganos para unha mellor atención aos Galegos do Exterior e ao Retorno
Emigración presenta á Comisión Delegada a especialización dos seus órganos para unha mellor atención aos Galegos do Exterior e ao Retorno
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu esta tarde a celebración da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas na que se presentou a nova estrutura deste departamento autonómico que pasa a contar agora con tres subdireccións. Tamén se analizaron os programas desenvolvidos ao longo deste ano e a previsión de orzamento para 2022.

Deste xeito, fíxose un repaso arredor dos programas que se puxeron en marcha, destacando a nova reordenación da Secretaría Xeral entorno a tres subdireccións co obxectivo de especializar e reforzar os seus órganos para unha mellor atención aos galegos do exterior e ao retorno: Relacións coas Comunidades Galegas e Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais, e finalmente, Retorno.  

Esta nova estrutura ten como base a recente Lei de Impulso Demográfico de Galicia e a Lei Reguladora da Acción Exterior e Cooperación para o desenvolvemento de Galicia, e supón a creación dunha nova subdirección xeral para potenciar a xestión na área de retorno, que é considerado un piar básico para combater o reto demográfico; a creación doutra subdirección que asuma a responsabilidade da xestión de entidades para a súa promoción, así como a xestión do novo asento de galegos e galegas do exterior; e finalmente, a Subdirección Económica, que se encargará de coordinar as tres e levará o servizo de programas sociais que permitirá atender ao colectivo de galegos no exterior con maiores necesidades.

Este encontro telemático, o cuarto que se desenvolve no que vai de ano, supón unha continuidade no traballo permanente de contacto coas comunidades galegas do exterior, e durante o mesmo analizouse o impacto dos máis de 16,4M€ millóns de euros que xa se fixeron efectivos no que vai de ano en programas de apoio a entidades e galegos do exterior, tanto en axudas de emerxencia social como  como en apoios económicos a entidades e en todo o ámbito do retorno, e que presentará no Paralamento de Galicia o secretario xeral da Presidencia, Álvaro Pérez, o próximo día 25.

Sobre a mesa analizáronse os impactos das axudas económicas individuais así como as de emerxencia social e as axudas ás entidades no exterior, así como a posta en marcha de programas específicos como os de obradoiros ou os Reencontros e Conecta co Xacobeo que permitiron o regreso a Galicia de 200 persoas vinculadas coas entidades galegas para converterse en prescriptores do Camiño de Santiago. En canto ao Retorno, analizáronse as axudas aos emprendedores retornados así como o inicio do curso para os 200 novos bolseiros de excelencia académica Beme e as axudas extraordinarias aos retornados. Todas estas axudas, tal e como explicou o secretario xeral, víronse incrementadas e apoiadas ao longo do 2021 por liñas extraordinarias de reforzo covid para apoiar aos galegos do exterior nesta época de pandemia.  

Finalmente, tamén fixo un pequeno apunte sobre os orzamentos da Xunta de Galicia destinados a Emigración para o 2022, que veñen a consolidar o xa destinado en 2021 e apoiar de xeito importante o retorno.

O órgano de representación permanente da colectividade galega que reside fóra da comunidade está conformado por doce entidades electas, catro representando aos galegos de América e do resto do mundo, catro que representan a Europa e outras catro que representan aos galegos que residen nas comunidades autónomas españolas. Como membros natos do organismo permanecen a Casa de Galicia de Montevideo (O Uruguai) e a Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas) por contar con máis de 20.000 persoas asociadas.

A Comisión, que se reúne con carácter ordinario a lo menos unha vez ao ano, está presidida polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidente do Consello de Comunidades Galegas, e o vicepresidente é o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

477 lecturas