A Casa de Galicia en Madrid remata 2014 con máis de 200 actividades e ca entrega de distincións a destacadas persoalidades pola súa vinculación a Galicia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda presidiu a ‘Clausura das Actividades 2014' da Casa de Galicia acompañado polo presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría.

A Casa de Galicia levou a cabo unha programación orientada a potenciar os aspectos culturais, económicos, sociais,  institucionais referidos a Galicia.

Ónega destacou a culminación dun ano cunha larga actividade e constante traballo.

  • As e os homenaxeados con Rueda, Romay, Ónega e Elías Rodríguez
    As e os homenaxeados con Rueda, Romay, Ónega e Elías Rodríguez
  • O vicepresidente da Xunta de Galicia durante a súa intervención
    O vicepresidente da Xunta de Galicia durante a súa intervención
  • Imaxe da actuación musical durante o acto
    Imaxe da actuación musical durante o acto
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 13 de decembro de 2014.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu na tarde do xoves xunto ao presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, a clausura das actividades 2014, na que destacou que a Casa de Galicia en Madrid converteuse nun referente na actividade cultural da capital española.

O director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, destacou que este acto é a culminación dun ano dunha larga actividade e constante traballo no que sinalou que a Casa de Galicia levou a cabo máis de 200 actos e celebracións, cunha programación orientada a potenciar os aspectos culturais, económicos, sociais,  institucionais e de relación humana referidos a Galicia.

Destacou tamén a intensa labor que realizan a Oficina de Turismo e o Aula de Galego, cunha alta demanda de ensinanza da nosa lingua, non só por parte de persoas oriundas de Galicia senón tamén de outras Autonomías. Onega incidiu que a Casa de Galicia é o punto de encontro, espazo e lugar de traballo e reunión dos directivos e membros das asociacións profesionais e culturais galegas en Madrid, coma AEGAMA (Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid); ASOMEGA (Asociación de Médicos Gallegos en Madrid); IURISGAMA (Asociación de Juristas Gallegos en Madrid); Club de Periodistas Gallegos, Orde da Vieira, e FAGAMA (Federación de Asociacións Galegas en Madrid).

Así mesmo, tamén se procedeu á entrega de distincións a destacadas personalidades cos ámbitos cultural, económico e social, tanto pola súa traxectoria profesional como polo seu afecto a Galicia e a súa casa en Madrid. Entre outras e outros, foron distinguidos a a ex-Secretaria de Estado, Carmen Becerril; a ex-presidenta do Tribunal Constitucional de España, Emilia Casas; o Embaixador de Portugal en España, Francisco Ribeiro de Menezes, e a delegada do Goberno na Comunidade Autónoma de Madrid,  Cristina Cifuentes, entre outras persoas.

Listado completo das distincións

  • Carmen Becerril Martínez. Ex Secretaria de Estado de Enerxía
  • Leopoldo Calvo Sotelo Ibáñez-Martín. Marqués da Ría de Ribadeo. Ex Subsecretario do Ministerio do Interior. Letrado Maior do Consello de Estado
  • Luz Casal Paz. Cantante de pop-rock
  • María Emilia Casas Bahamonde. Ex Presidenta do Tribunal Constitucional de España
  • Javier María Casas Estévez. Magistrado. Ex Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid
  • Cristina Cifuentes Cuencas. Delegada do Goberno na Comunidade Autónoma de Madrid
  • Francisco Ribeiro de Menezes. Embaixador de Portugal en España
  • Juan Carlos Estévez Fernández-Novoa. Presidente do Consello Xeral de Procuradores dos Tribunais
  • Manuel José Guiote Linares. General de Brigada de Sanidade do Exército
  • María Lage Prieto. Vicepresidenta do Centro Galego de Madrid
  • Manuel Medina González. Avogado
  • Ramón Tamames Gómez. Economista do Estado. Catedrático de Estrutura Económica. Premio Nacional de Economía
1362 lecturas