A Casa de Galicia en Madrid homenaxea a Uxío Novoneyra o Día das Letras Galegas

A Casa de Galicia celebrou o Día das Letras Galegas cun orixinal espectáculo co fin de rendir homenaxe ao poeta Uxío Novoneyra.

Listen to this page using ReadSpeaker
18 de maio de 2010.

«Aínda que nesta Casa usamos, como saben, o castelán e o galego en harmonía, hoxe permítanme que me exprese unicamente na nosa lingua galega soamente», dixo o delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega ás persoas que acudiron á representación. 

A conexión con Alonso Montero foi unha das partes coas que máis conectou o público. E foi precisamente polo humor e a descripción de cómo se coñeceron en Madrid alá polo ano 1948, cando a Universidade non se chamaba Complutense, senón Central, e á que Novoneyra non foi demasiado, porque prefería a Biblioteca Nacional e o Café Gijón para cultivar o que máis amaba, a poesía.

«Versos na radio» é un espectáculo poético musical que simula un estudio de radio no que Sergio Pazos é o presentador e conductor dun programa de poesía, no que interveñen, en directo, o grupo Ars Combinatoria, así como alguns ointes especiais que coñeceron a Novoneyra e entran en antea para falar del, a sua personalidade, a sua amistade, o seu amor á terra e á poesía.

Entre os intervintes estiveron, xunto con alguns dos seus veciños de Courel, escritores e amigos como, Alonso Montero, Darío Xan Cabana, Yolanda Castaño, Quique Alvarellos, Piar García Negro, Méndez Ferrín, Luis Cochón, Emilio Arauxo, Paco Martín, Fran Alonso, Antón Lopo e Manel Matalobos. Todos coñeceron en maior ou menor medida ao escritor.

Si en algo estiveron dacuerdo os presentes, segundo a Casa de Galicia, foron nos calificativos empreados para definir a Uxío Novoneyra, que pasaban por palabras como «entrañable, xeneroso, apegado á súa terra, honrado, gran persoa e persoa grande (en alusión á súa estatura), gran poeta e mellor persoa».

1996 lecturas