Anunciadas as datas de Escolas Abertas 2026!
Santiago de Compostela (A Coruña), 21 de abril de 2026.
Xa temos datas para Escolas Abertas 2026!
Do 8 ao 20 de xullo, Santiago de Compostela acollerá unha nova edición deste programa da Secretaría Xeral da Emigración, dirixido a quen mantén viva a nosa cultura no exterior.
Unha oportunidade única para formarte e seguir medrando nas túas habilidades:
- Baile tradicional galego
- Canto popular e pandeireta
- Gaita tradicional galega
- Percusión tradicional galega
- Confección de traxe tradicional galego
- Cociña galega
- Formación de persoal directivo
Novas relacionadas








