Antonio Rodríguez Miranda: "Estamos a fixar as bases da nova galeguidade"

A Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas reúnese en Santiago o 12 e 13 de xuño.

O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que a proxección exterior de Galicia a través das comunidades galegas, o papel da muller e a xuventude, e a blindaxe das prestacións sociais son as premisas fundamentais desa nova galeguidade.

  • Antonio Rodríguez Miranda, o reitor da Universidade de Santiago, Juan Manuel Viaño, e a directora da Biblioteca Xeral, Mª Isabel Casal Reyes.
    Antonio Rodríguez Miranda, o reitor da Universidade de Santiago, Juan Manuel Viaño, e a directora da Biblioteca Xeral, Mª Isabel Casal Reyes.
  • A xuntanza da Comsión Delegada do CCG estase a desenvolver na Biblioteca América da Universidade de Santiago de Compostela (USC)
    A xuntanza da Comsión Delegada do CCG estase a desenvolver na Biblioteca América da Universidade de Santiago de Compostela (USC)
  • Raimundo Alfredo Otero, do Lar Gallego de Sevilla, Pilar Rodríguez, da Agrupación Hijos de Galicia de Sestao, e Ernesto Lagarón, da Agrupación Cultural Saudade de Barcelona
    Raimundo Alfredo Otero, do Lar Gallego de Sevilla, Pilar Rodríguez, da Agrupación Hijos de Galicia de Sestao, e Ernesto Lagarón, da Agrupación Cultural Saudade de Barcelona
  • Miguel Palomo, do Centro Galego de Bruselas, Alejandra Plaza, do Centro Cultural Gallego de Frankfurt, e José Ignacio Paz Bouza, do Centro Gallego de Salamanca
    Miguel Palomo, do Centro Galego de Bruselas, Alejandra Plaza, do Centro Cultural Gallego de Frankfurt, e José Ignacio Paz Bouza, do Centro Gallego de Salamanca
  • Cándido Lois, de Casa de Galicia de Montevideo, Mª Ángeles Rodríguez, da Hermandad Gallega de Venezuela, e Jorge Torres, do Centro Gallego de Montevideo
    Cándido Lois, de Casa de Galicia de Montevideo, Mª Ángeles Rodríguez, da Hermandad Gallega de Venezuela, e Jorge Torres, do Centro Gallego de Montevideo
  • Enrique Repiso, da Sociedad Cultural Rosalía de Castro de Cuba, Beatriz Carballo da Unión Partido Judicial de Órdenes de Bos Aires e Marta Donsión, do Centro Gallego da capital arxentina
    Enrique Repiso, da Sociedad Cultural Rosalía de Castro de Cuba, Beatriz Carballo da Unión Partido Judicial de Órdenes de Bos Aires e Marta Donsión, do Centro Gallego da capital arxentina
  • Nicolás Miño, do Centro Galego de Londres, y Alvaro Moreira, de Xuventude de Galiza-Centro Galego de Lisboa
    Nicolás Miño, do Centro Galego de Londres, y Alvaro Moreira, de Xuventude de Galiza-Centro Galego de Lisboa
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2014.

O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, afirmou durante a reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas que "estamos a fixar as bases da nova galleguidade". "Temos unha nova Lei de Galeguidade aprobada agora hai un ano; temos un regulamento xa aprobado que se publicou onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) que regula as condicións de rexistro das entidades galegas no exterior, e estamos agora a traballar no novo proxecto de decreto que vai regular os órganos de representación da galeguidade", explicou o secretario xeral.

Esa 'nova galeguidade' construirase sobre tres premisas fundamentais. En primeiro lugar, explicou Miranda, as comunidades no exterior "teñen que ser nesta etapa o gran potenciador da proxección exterior de Galicia". Outra premisa será potenciar o papel da muller e a xuventude. E a terceira, a blindaxe das prestacións sociais ás e aos máis desfavorecidos. "Especialmente hai un colectivo que son nosos maiores que son quen están en maior situación de vulnerabilidade", recalcou o secretario xeral.

Sobre como potenciar a incoporación dos mozos e as mozas ás comunidades galegas no exterior, Rodríguez Miranda destacou que para iso "Fai falta que teñamos entidades cunha base asociativa moi ampla e con gran capacidade de prestación de servizos". Recalcou que "por ese camiño vai precisamente todo ese impulso que a Lei de Galeguidade queira dar a unión de entidades no exterior".

Presupostos
En canto a se a blindaxe das prestacións sociais non requiriría un incremento dos presupostos que a Xunta destina a emigración, o secretario xeral destacou que, "aínda que do ano pasado a este ano baixamos o presuposto, a partida destinada a axudas de carácter individual non se reduciu en absoluto. Seguimos mantendo eses dous millóns de euros". Tamén resaltou que se manteñen todos os convenios de colaboración coas entidades no exterior referidos a centros de día, centros de maiores ou atención socio-sanitario. "E non só iso -dixo- senón que estanse a introducir novos", en referencia ao que se acaba de asinar para a posta en marcha dun centro de día para maiores en Cuba".

A reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas foi inaugurada polo novo reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño, o xoves 12 de xuño na Biblioteca América, situada no Pazo de Fonseca. Na súa intervención ante as e os representantes da diáspora galega, Viaño destacou que se trataba do seu primeiro acto como máximo responsable da institución académica.

Na primeira sesión foi presentado ante os membros da Comisión un informe das actuacións da Secretaría Xeral da Emigración no ano 2014. Tamén se explicou o novo decreto polo que se regula o recoñecemento e a revogación da condición de comunidade galega e de centro colaborador da galeguidade, o Rexistro da Galeguidade e o seu funcionamento, que foi publicado no Diario Oficial de Galicia o mércores 11 de xuño.

Tamén o xoves día 12 está previsto que se presente ante a Comisión o anteproxecto de decreto polo que se regula a organización e funcionamento dos órganos de representación da diáspora galega.

Na sesión do venres 13 de xuño terá lugar a presentación do Plan Integral de Emigración 2014-2016 e está previsto que acuda o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

 

Fonte: España Exterior

Documentación asociada
Documentación asociada
Declaracións do secretario xeral da Emigración1.14 MB
1815 lecturas