Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
21Setembro2023A Comisión Delegada do XII Consello de Comunidades Galegas mantén en Ourense a derradeira reunión de traballo antes da súa renovación audio A Comisión Delegada do XII Consello de Comunidades Galegas mantivo en Cenlle, no balneario de Laias, a derradeira reunión de traballo antes da súa renovación, que terá lugar ao longo do día de mañá venres, e o sábado 23, durante a celebración do XIII Consello de Comunidades Galegas. Durante estes dous próximos días, 80 entidades galegas buscarán, a través do desenvolvemento de catro relatorios, aportar ideas e proxectos nos eidos cultural,... Máis información
-
20Setembro2023O secretario xeral da Emigración destaca na TVG a importancia da celebración do XIII Consello de Comunidades Galegas en Ourense para a colectividade galega do exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou no programa Bos días da TVG a importancia que para a colectividade galega do exterior ten a celebración durante os próximos tres días do XIII Consello de Comunidades Galegas que reunirá en Ourense a 80 representantes de entidades galegas de América, Europa e das comunidades autónomas. Durante a súa intervención no programa matinal da canle pública galega, destacou os temas... Máis información
-
20Setembro2023A Xunta amplía ata o 3 de outubro o prazo para que a mocidade galega do exterior solicite as bolsas Retorna Talento FP audio Convócanse 108 axudas, en dúas modalidades, dirixidas a facilitar que estes rapaces e rapazas melloren a súa cualificación e poidan volver á súa terra de orixe. Por primeira vez ofértanse 60 prazas en ciclos de FP Dual, coa colaboración de 25 empresas, unha modalidade que favorece a inserción laboral das e dos titulados. O Goberno galego destina case 1M€ a esta iniciativa, que se enmarca na Estratexia Galicia Retorna. A Xunta vén de ampliar ata... Máis información
-
20Setembro2023A Xunta de Galicia recoñecerá no Consello de Comunidades Galegas o labor de 19 entidades do exterior con máis dun século de vida audio Representantes de 80 entidades galegas do exterior daranse cita a partir de mañá, xoves, en Ourense, para a celebración do XIII pleno deste órgano. Durante os días 22 e 23 abordarase, a través de catro relatorios, a situación actual da colectividade galega do exterior a través dos eidos cultural, social, de retorno e de galeguidade, achegando ideas e proxectos na busca de manter o traballo conxunto a favor da colectividade. A Secretaría Xeral... Máis información
-
19Setembro2023A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, felicita á Unión Hijos de Morgadanes de Montevideo polo seu 105º aniversario audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, felicitou esta fin de semana á Unión Hijos de Morgadanes de Montevideo polo seu 105º aniversario, que se celebrou nas instalaciones de entidade e que reuniu ás máximas autoridades da colectividade, así como a persoas asociadas e presidentas e presidentes de institucións galegas da capital uruguaia. Xunto á delegada da Xunta estiveron tamén presentes a cónsul xeral de España, María Victoria... Máis información
-
18Setembro2023Miranda valora a intensa actividade a prol da colectividade galega da Sociedad Parroquial de Vedra de Bos Aires audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro con Orlando Pejito, presidente da Sociedad Parroquial de Vedra de Bos Aires, Arxentina. Durante esta reunión, o responsable deste departamento autonómico valorou moi positivamente a intensa actividade desta entidade a prol da colectividade galega na capital porteña. Miranda agradeceu ao presidente desta entidade o labor desenvolvido ao longo deste tempo, en... Máis información
-
17Setembro2023Miranda destaca en Vitoria a importancia dos galegos do exterior que son capaces de asumir a identidade do seu lugar de residencia sen deixar de transmitir o amor por Galicia a cada nova xeración audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu onte aos actos en homenaxe á emigración organizados en Vitoria polo Centro Galego de Álava, destacando a labor que os centros galegos del mundo realizan en pro do mantemento da cultura galega, e en especial, o que están a realizar dende a entidade vitoriana, potenciando a lingua, a música e os bailes tradicionais entre as novas xeracións. Destacou a importancia dos galegos do... Máis información
-
16Setembro2023Emigración participa no acto de benvida ao alumnado internacional que estudará na USC este curso académico audio A subdirectora de Retorno da Secretaría Xeral da Emigración, Begoña Solís, participou no acto de benvida ao alumnado internacional que estudará na USC este curso académico, que tivo lugar hoxe no Pazo de Fonseca. A representante de Emigración recordou aos alumnos que Galicia é unha terra que sabe acoller á xente que chega dos países do exterior e que agradece a pegada cultural e social que aportan. O acto, organizado pola Oficina de Captación... Máis información
-
15Setembro2023A Xunta estenderá o Carné Xove os mozos da Galicia exterior antes de que remate o ano audio Poderán acceder aos descontos aos que dá dereito esta credencial en todo o territorio nacional e nos 40 países que están adheridos ao programa Carné Xove Europeo. Os participantes no campo de voluntariado no castro de Viladonga, procedentes de Arxentina, Venezuela, Brasil, Cuba e Uruguai, son os primeiros en recibir o Carné Xove para utilizalo durante a súa estancia. A Xunta facilitará que os mozos que residen na diáspora teñan acceso ao Carné... Máis información
-
14Setembro2023Miranda destaca na Cadena Ser de Ourense que a Cidade das Burgas será, a próxima semana, o escenario do Consello de Comunidades Galegas audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou nunha entrevista realizada na Cadena Ser de Ourense que a cidade das Burgas será, a próxima semana, escenario do Consello de Comunidades Galegas. O encontro reunirá a máis dun centenar de representantes de entidades galegas de todo o mundo. Durante a entrevista, o secretario xeral tamén recordou que a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno de Ourense,... Máis información
Páxinas |