Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
16Outubro2026A Xunta pon en valor o éxito do programa “Reencontros con Galicia” por traer este ano á comunidade a máis de 200 maiores de 65 anos residentes no exterior audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración recibiu hoxe en Santiago de Compostela ás persoas participantes na iniciativa. Procedentes da Arxentina, O Brasil, Venezuela, O Uruguai, Cuba ou Perú, os participantes están aloxados nas residencias de tempo libre da Xunta en Panxón e O Carballiño e regresan mañá, agás os que quedarán máis tempo para estar coa familia. José González destaca a traxectoria e boa acollida desta acción, que se fai... Máis información
-
15Outubro2026Os participantes do programa “Reencontros con Galicia” desfrutan da Ribeira Sacra audio As persoas participantes no programa Reencontros con Galicia 2026 puideron desfrutar do encanto da Ribeira Sacra. Onte acudiu o grupo aloxado na residencia da Xunta de Galicia de Panxón, mentres que esta mañá foi a quenda dos residentes no Carballiño. Máis información
-
13Outubro2026Participantes do programa “Reencontros con Galicia” desfrutaron dunha visita a Ourense audio As persoas participantes do programa Reencontros con Galicia 2026 aloxadas na residencia do Carballiño puideron desfrutar onte dunha visita a Ourense, onde percorreron os lugares máis emblemáticos da cidade, desde As Burgas ata a Praza Maior, pasando pola Catedral de San Martiño. Na residencia de tempo libre do Carballiño, da Xunta de Galicia, atópanse estes días a metade dos máis de 200 participantes desta nova edición do programa impulsado... Máis información
-
12Outubro2026Miranda destaca a forza da colectividade galega nos principais núcleos urbanos do mundo audio O secretario xeral da Emigración e o comisario do Xacobeo 2027 visitaron a Asociación Española “La Nacional” e a Casa de Galicia en Nova York. Na actualidade, o 13% das 240.000 persoas españolas residentes nos Estados Unidos son galegas. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, salientou hoxe a importancia que ten a colectividade galega nas principais cidades do mundo. Así o fixo nas visitas que realizou, xunto ao comisario... Máis información
-
12Outubro2026A fortaleza da comunidade galega permite presentar o Ano Santo Xacobeo no corazón de Nova York audio O comisario do Xacobeo 2027 e o secretario xeral da Emigración participaron no Desfile do Día da Hispanidade en Nova York. O desfile estivo protagonizado polas carrozas decoradas con motivos do Ano Santo Xacobeo. No acto participaron entidades como La Nacional, a Casa de Galicia e o Centro Español de Queens, que desfilaron provistas de bandeiras e vestidas con traxes tradicionais. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o... Máis información
-
11Outubro2026A Xunta salienta a importancia de seguir traballando para manter fortes os lazos entre o Camiño de Santiago e o “Camino de Brochero” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, realizaron un tramo do “Camino del Cura Brochero”. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, salientou a importancia de seguir traballando conxuntamente entre as administracións para manter fortes os lazos entre o Camiño de Santiago e o Camino de Brochero. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda... Máis información
-
11Outubro2026A Xunta salienta a importancia dos centros galegos como punto de unión para a galeguidade no exterior e para a difusión da cultura e tradicións galegas audio O secretario xeral da Emigración e o comisario do Xacobeo 2027 visitaron o Centro Galego de Córdoba e participaron na presentación do Ano Santo Xacobeo. Miranda reafirma a proximidade do Goberno autonómico cos galegos e galegas do exterior. Gómez Román valora a importancia de animar a todo o mundo a vir a Santiago o próximo ano. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, salientou a importancia que teñen os centros e todas as... Máis información
-
10Outubro2026Miranda destaca a especial relación entre “El Camino de Brochero” e o Camiño de Santiago como símbolo da importancia da galeguidade no país audio O secretario xeral da Emigración reuniuse co gobernador de Córdoba, Martin Llaryora, e visitou o Centro de Interpretación “El Camino de Brochero”. A reunión celébrase no marco do convenio de colaboración que permitiu á provincia arxentina desenvolver o "Camino del Cura Brochero". Na actualidade residen na Arxentina preto de 200.000 galegos e galegas, que supoñen o 35% das persoas españolas residentes no país. O secretario xeral da Emigración,... Máis información
-
09Outubro2026Miranda e Gómez Román enxalzan a fortaleza dos lazos entre Galicia e O Uruguai como impulsores da proxección do Xacobeo 2027 audio O secretario xeral da Emigración e o comisario do Xacobeo participaron na celebración da Festa da Hispanidade “Galicia” en Montevideo. Actualmente residen no Uruguai preto de 80.000 persoas españolas, das cales un 60% son galegos e galegas. Invitan aos presentes a facer o Camiño de Santiago “no mellor momento de Galicia”. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, e... Máis información
-
09Outubro2026A Xunta promociona no Uruguai o Xacobeo 2027 coa exposición ‘Mes do Camiño’ audio O comisario do Xacobeo 2027 e o secretario xeral da Emigración inauguraron a mostra. A proposta inclúe unha exposición fotográfica sobre os diferentes itinerarios xacobeos, un ciclo de cine e xornadas con persoas expertas sobre o Camiño de Santiago. O comisario do Xacobeo aproveitou para avanzar nos preparativos da celebración do vindeiro Ano Santo. O Auditorio Vaz Ferreira, en Montevideo, celebra desde este xoves e ata o 31 de outubro o Mes do... Máis información
Páxinas |









