Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
14Setembro2023Miranda destaca na Cadena Ser de Ourense que a Cidade das Burgas será, a próxima semana, o escenario do Consello de Comunidades Galegas audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou nunha entrevista realizada na Cadena Ser de Ourense que a cidade das Burgas será, a próxima semana, escenario do Consello de Comunidades Galegas. O encontro reunirá a máis dun centenar de representantes de entidades galegas de todo o mundo. Durante a entrevista, o secretario xeral tamén recordou que a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno de Ourense,... Máis información
-
13Setembro2023Miranda lembra en Cope Ourense o novo servizo de Fiscal Básico posto en marcha na Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, lembrou nunha entrevista realizada na Cadena Cope de Ourense que a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno situada na rúa Concello, intensifica a súa aposta pola atención nesta oficina cun servizo fiscal e tributario básico, ao que se suma a potenciación da atención laboral. A labor desta oficina céntrase no acompañamento e axuda aos galegos do exterior que decidiron... Máis información
-
12Setembro2023Galicia comparte coa Rioxa unha xornada de traballo para profundizar nas políticas de retorno audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o subdirector xeral de Cooperación Internacional e Centros no Exterior do Goberno da Rioxa, Rodrigo Carlo Teijeiro Fussi, presidiron hoxe un encontro no que se puxeron sobre a mesa experiencias comúns neste ámbito acordándose a posta en marcha de futuras accións conxuntas no exterior. Galicia conta cunha estratexia integral de apoio ao retorno, pioneira en España, que busca o regreso... Máis información
-
11Setembro2023A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, agradece a participación das institucións galegas de Montevideo no Expo Prado 2023 audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, agradeceu esta fin de semana a colaboración da Cámara Española e das distintas institucións galegas de Montevideo na Expo Prado 223 organizada pola Federación de Asociaciones Gallegas de Uruguay polos 40 anos do pavillón de España nesta mostra, o que permitiu promocionar Galicia e demostrar a pervivencia da colectividade galega no país do Cono Sur. Xunto a delegada da Xunta estiveron tamén... Máis información
-
11Setembro2023O secretario xeral da Emigración comprométese co presidente do Centro Pontevedrés de Montevideo en asistir ao seu aniversario audio José Vidal, presidente desta entidade social e deportiva, convidou a Rodríguez Miranda aos seus actos de aniversario, que terá lugar a finais de outubro. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu a José Vidal, presidente do Centro Pontevedrés de Montevideo con quen analizou as actividades do centro para os próximos meses, así como as realizadas ao longo de todo este ano. O máximo representante desta entidade social e... Máis información
-
08Setembro2023140 mozos e mozas do exterior participaron en diferentes programas da Secretaría Xeral da Emigración durante o presente ano audio Cos e coas 17 participantes do programa Conecta Voluntariado Galicia, que Rodríguez Miranda recibiu esta mañá, son 140 as e os nados ou descendentes que descubriron a cultura, historia e patrimonio de Galicia. Este programa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social e Xuventude e a Consellería de Cultura e Educación, destínase a galegas e galegos residentes no exterior de entre 21 e 30 anos, e levarase a cabo do 8 ao... Máis información
-
07Setembro2023Galicia pon en marcha unha Oficina Móbil de Atención a Emigrantes Retornados para achegar o asesoramento integral ao rural audio A Secretaría Xeral da Emigración destinará 250.000 euros á posta en marcha deste servizo que achegará a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno aos concellos con maior número de retornados. O obxectivo é poder chegar a todas aquelas familias que o precisen e que presentan dificultades para achegarse a unha das cinco sedes físicas desta Oficina nas catro provincias galegas. Dende a posta en marcha deste servizo, que forma parte... Máis información
-
07Setembro2023Emigración aposta por potenciar o eido de información laboral e fiscal básica na Oficina Integral de Retorno en Ourense audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe a sede situada na rúa Concello da cidade das Burgas onde destacou a aposta da Xunta polo retorno coa ampliación das e dos técnicos destinados a apoiar aos galegos e galegas do exterior nos eidos laboral, social e xurídico na súa volta a Galicia, que contará ademais, como no resto de Galicia, dende agora con asesoramento tributario e fiscal básico. Recordou que a... Máis información
-
06Setembro2023Rodríguez Miranda interésase nos proxectos previstos polo décimo aniversario da Casa de Galicia en Alcorcón audio A secretaria da entidade, Carmen Lamas, compartiu co secretario xeral da Emigración as actividades previstas por esta entidade, a máis nova da comunidade madrileña. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu á secretaria da Casa de Galicia en Alcorcón, Carmen Lamas, coa que falou, entre outros temas, dos proxectos previstos polo décimo aniversario deste centro galego. Esta entidade, que conta cunha ampla actividade... Máis información
-
06Setembro2023A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, destaca a importancia dos xogos de salón para manter a unión entre a colectividade galega audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao inicio das 48ª Olimpiadas de Juegos de Salón da Liga Española Deportes del Uruguay, na que participan as entidades galegas Centro Gallego de Montevideo, o Centro Pontevedrés, A Casa de Galicia, o Club Social CUTCS e o Centro Alma Gallega, entre outras. A delegada destacou a importancia que este tipo de iniciativas teñen para manter a unión entre a colectividade galega e española no... Máis información
Páxinas |