Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
24Abril2026Miranda reafirma o apoio da Xunta á Irmandade Galega na Suíza audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo con Noemí F. Mera, presidenta da Irmandade Galega na Suíza, co obxectivo de coñecer a situación da colectividade galega neste país e avanzar en novas vías de colaboración. Durante a reunión, ambos abordaron os principais retos e oportunidades da comunidade galega en Suíza, así como o papel activo que desenvolven as entidades na promoción da cultura.... Máis información
-
21Abril2026Anunciadas as datas de Escolas Abertas 2026! audio Xa temos datas para Escolas Abertas 2026! Do 8 ao 20 de xullo, Santiago de Compostela acollerá unha nova edición deste programa da Secretaría Xeral da Emigración, dirixido a quen mantén viva a nosa cultura no exterior. Unha oportunidade única para formarte e seguir medrando nas túas habilidades: Baile tradicional galego Canto popular e pandeireta Gaita tradicional galega Percusión tradicional galega Confección de traxe... Máis información
-
20Abril2026A Xunta promoverá o retorno con traballo de 200 persoas galegas do exterior dentro do modelo propio de atracción de talento conectado co tecido laboral audio O Consello do Goberno galego coñeceu hoxe a nova edición do Retorna Cualifica Emprego, enmarcado na Estratexia Galicia Retorna e que favorece o regreso de galegos e galegas da diáspora e a cobertura de vacantes por parte de empresas. Este programa xa permitiu que 400 galegos e galegas cunha idade media de 35 anos regresasen desde 21 países diferentes, acompañados moitos deles por familiares — en total, outras 160 persoas—, e que traballan en 60... Máis información
-
18Abril2026A delegada da Xunta en Uruguai salienta o papel da colectividade galega no IV Aniversario da Casa de Galicia audio A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, participou nos actos de conmemoración do cuarto aniversario da Casa de Galicia, onde puxo en valor o labor desta entidade como punto de encontro e difusión da cultura galega no país. Durante a celebración, destacou o compromiso da colectividade galega coa preservación das súas raíces e subliñou a importancia de contar con espazos que manteñan viva a cultura, a lingua e as tradicións... Máis información
-
17Abril2026A Xunta defende a colaboración co corpo consular para potenciar o modelo galego de atracción de talento ordenado e en liña co tecido produtivo audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou no acto de recepción das autoridades de Galicia organizado polo corpo consular de Vigo. José González pon de relevo o importante traballo que realizan os consulados para facilitar o arraigamento das persoas galegas do exterior que deciden retornar á comunidade e dos cidadáns estranxeiros en Galicia. Lamenta que o Goberno estatal impulse unha regularización extraordinaria sen... Máis información
-
17Abril2026O conselleiro de Emprego anuncia as datas e localizacións das Feiras de Emprego no Brasil audio As Feiras de Emprego de Galicia chegan ao Brasil! O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, anuncia as datas e localizacións dunha nova edición destas citas que conectan o talento da Galicia exterior coas oportunidades laborais na nosa terra. 6 de xuño en Sao Paulo 8 de xuño en Salvador de Bahía Unha oportunidade real para dar o paso e construír o teu futuro en Galicia, co apoio da Xunta. Se estás pensando en... Máis información
-
16Abril2026Miranda: “Puerto Madryn é un exemplo do compromiso da nosa diáspora por manter viva a identidade galega no exterior” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro coa directiva da Casa de Galicia ‘Voces da Nosa Terra’ de Puerto Madryn, entidade presidida por Adelaida Rodríguez Watson, no que abordaron a situación actual da colectividade galega na zona e os principais retos de futuro. Durante a reunión, intercambiaron impresións sobre as necesidades da comunidade e analizaron vías de colaboración para seguir reforzando a súa... Máis información
-
14Abril2026Webinario informativo "BEME 2026-2027" audio Lembrade, mañá mércores, 15 de abril ás 17:30 h (hora española), terá lugar un webinario informativo sobre as bolsas BEME para cursar un mestrado nunha das universidades galegas no curso 2026-2027. Participación aberta ás e aos interesados a través do seguinte enlace. Bolsas de 8.500 a 12.500 € para completar a túa formación e quedar a vivir e traballar en Galicia. Máis info no beme.emigracion@xunta.gal Máis información
-
09Abril2026Rueda aposta por captar talento da Galicia Exterior para seguir construíndo unha comunidade líder e innovadora audio O presidente participou no acto de entrega dos diplomas aos beneficiarios das Bolsas de Excelencia á Mocidade Exterior (BEME) e do programa Retorna Talento FP. Resalta a importancia das bolsas BEME, que cada ano traen á comunidade unhas 250 persoas para estudar mestrados. Pon en valor que o 80% dos beneficiarios deciden quedar en Galicia unha vez rematados os seus estudos. O próximo ano acadaranse os máis de 2.000 estudantes retornados, entre as... Máis información
-
07Abril2026Entrega de diplomas "Bolsas Excelencia Mocidade Exterior" | Promoción 25/26 audio Cada ano, centos de mozos e mozas da Galicia exterior toman unha decisión que lles cambia a vida: volver. Fano grazas ás bolsas BEME, que lles permiten formarse, medrar e reconectar coa súa terra. A promoción 2026 xa rematou o seu camiño… e queremos celebralo con eles. 9 de abril 11:30 h Museo Gaiás, Cidade da Cultura Poderás seguir a cerimonia en directo a través do Facebook e Instagram de Galicia Aberta. Máis información
Páxinas |









