Seleccionados/as e reservas do programa de axudas para a participación no programa “Conecta con Galicia” 2017 - Actividades de Aire Libre

Listen to this page using ReadSpeaker
1436 lecturas
Listados para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación dos listados de seleccionados/as e reservas do programa de axudas para a participación en Actividades de Aire Libre (Resolución do 22 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº 63 do 30-03-2017) como resultado da realización do sorteo público daquelas prazas cuxo número de solicitudes admitidas supera ao número de prazas convocadas para cada país, dentro do seu tramo de idade e tipo de financiamento.

Debido a proximidade das datas de realización do programa, non se autorizarán cambios nas datas de retorno das persoas seleccionadas, salvo causas debidamente xustificadas.

NOTA ACLARATORIA SOBRE AS DATAS DE RETORNO:

  • Retorno 1: solicitantes que desexan regresar ao rematar a actividade.
  • Retorno 2: Solicitantes que desexan quedar aproximadamente 15 días coa súa familia en Galicia, logo de rematar a actividade.
  • Retorno 3: Solicitantes que desexan quedar aproximadamente un mes coa súa familia en Galicia, logo de rematar a actividade.

Só naqueles casos debidamente xustificados, as peticións de cambios de retorno faranse nos dous días seguintes á publicación das presentes listaxes e deberán presentarse a través de e-mail no enderezo electrónico accion.social.emigracion@xunta.es facendo constar no escrito, no caso de quedarse en Galicia, o nome, enderezo e teléfono dos/as familiares cos/as que se queda.

Na listaxe de seleccionados/as indícase o país de procedencia do/a participante, os seus apelidos e nome, o tipo de financiamento co que participa, o retorno elixido e a quenda na que participa.

 

Listaxes seleccionados/as 'Conecta con Galicia' 2017

Actividades de aire libre

PAÍS

14-17 anos

18-20 anos

Arxentina

Descargar

Descargar

Brasil

Descargar

Descargar

Chile

Descargar

 

Cuba

 

Descargar

México

Descargar

 

Uruguai

Descargar

Descargar

Venezuela

Descargar

Descargar

Resto de España

Descargar

 

 


As reservas segundo o país e tramo de idade expóñense a continuación ordenadas por número de reserva:

 

Listaxes reservas 'Conecta con Galicia' 2017

Actividades de aire libre

PAIS

14-17 anos

18-20 anos

Arxentina

Descargar

 

Brasil

Descargar

 

Uruguai

Descargar

 

Venezuela

Descargar

Descargar

 

Informacións complementarias de interese para as Actividades de aire libre:

REUNIÓNS INFORMATIVAS:

País Día Hora Lugar
Arxentina 26 xuño 17:00 Delegación da Xunta en Bos Aires
Uruguai 23 xuño 12:00 Casa Galicia de Montevideo

 

Data de publicación: 
13.06.2017