Listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas do programa "Conecta con Galicia" ano 2017 (Actividades ao aire libre) -1ª Quenda
Publicación das listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas do programa de axudas para a participación no programa "Conecta con Galicia", pertencentes á modalidade de Actividades ao aire libre (Resolución do 22 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº 63 do 30-03-2017) de Arxentina, Brasil, Chile, México e Uruguai.
Naqueles casos en que o número de solicitudes admitidas sexa superior ao número de prazas ofertadas para cada país, a selección final de persoas beneficiarias realizarase por sorteo público.
O sorteo público celebrarase, nas dependencias da Secretaria Xeral da Emigración, sita na praza Mazarelos, número 15 de Santiago de Compostela, o martes 13 de xuño, ás 10:00 h.
CONECTA CON GALICIA |
||
---|---|---|
País |
Listaxe |
Data de publicación |
Arxentina |
12 de xuño de 2017 |
|
Brasil |
12 de xuño de 2017 |
|
Chile |
12 de xuño de 2017 |
|
México |
12 de xuño de 2017 |
|
Uruguai |
12 de xuño de 2017 |