Programa de axudas para a participación no Programa “Conecta con Galicia”, actividades de Aire Libre e Campos de Traballo no ano 2017
Obxecto: Facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos/as seus/súas familiares.
Requisitos esenciais dos/as participantes: mozos e mozas de entre 14 e 30 anos, residentes habituais fóra de Galicia, nacidos/as en Galicia ou descendentes de emigrantes galegos/as e con nacionalidade española. Os/as maiores de 18 anos acreditarán a súa vinculación cun concello galego no Censo Electoral de Residentes Ausentes.
Número de prazas convocadas e características:
- Actividades de aire libre : Convócanse 174 prazas, con idades comprendidas entre os 14 e os 20 anos, no mes de xullo, co seguinte programa:
a) “Cultura e camiño”, os/as participantes aloxaranse seis días, preferentemente, nas residencias xuvenís LUG II en Lugo e Florentino López Cuevillas en Ourense, participarán en actividades para coñecer o Patrimonio Histórico Cultural das respectivas zonas e percorrerán a pé o Camiño de Santiago en diferentes etapas ata chegar a Compostela.
b) “O mar de Galicia”, os seis días restantes aloxaranse en zona de costa, preferentemente, no albergue xuvenil de Gandarío en Bergondo (A Coruña), onde realizarán actividades de náutica, de recreo e de coñecemento do medio mariño.
Nestas 174 prazas inclúense 14 prazas para residentes no resto de España (excepto Galicia), e 6 para residentes no resto de Europa. - Campos de Traballo: Convócanse 22 prazas para mozos e mozas con idades comprendidas entre os 20 e 30 anos. Realizarán actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos na procura dun maior coñecemento da nosa cultura, da mellora ambiental do noso contorno e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico. Ademais do traballo, ofrécese un programa con actividades de convivencia, de formación, de lecer e tempo libre.
Estas actividades desenvolveranse previsiblemente no mes de agosto.
Nestas 22 prazas, inclúense 2 prazas para residentes no resto de España (excepto Galicia), e 2 para residentes no resto de Europa.
Financiamento:
Este Programa cubre a totalidade dos gastos de aloxamento, manutención e desprazamentos en Galicia. Os custos dos billetes de ida e volta desde os países de orixe a Galicia financiaranse ao 100%, ao 50% ou ao 0%, segundo o establecido na resolución. Aquelas persoas participantes que opten polo financiamento do 0% deberán aboar eles/as todo o custo dos billetes de ida e volta desde os países de orixe a Galicia.
Prazas actividades ao aire libre 2017 (14-17 anos) | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
PAÍS | Quendas | Financiamento | |||||
1ª quenda | 2ª quenda | Total | 100% | 50% | 0% | Total | |
Arxentina | 16 | 17 | 33 | 17 | 12 | 4 | 33 |
Brasil | - | 5 | 5 | 3 | 1 | 1 | 5 |
Cuba | - | - | 0 | - | - | - | 0 |
Uruguai | 20 | 2 | 22 | 13 | 6 | 3 | 22 |
Venezuela | - | 12 | 12 | 12 | - | - | 12 |
Resto de América | 3 | 3 | 6 | 3 | 2 | 1 | 6 |
Resto de España | 2 | 2 | 4 | - | - | 4 | 4 |
Resto de Europa | 1 | 1 | 2 | - | 1 | 1 | 2 |
TOTAIS | 42 | 42 | 84 | 48 | 22 | 14 | 84 |
Prazas actividades ao aire libre 2017 (18-20 anos) | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
PAÍS | Quendas | Financiamento | |||||
1ª quenda | 2ª quenda | Total | 100% | 50% | 0% | Total | |
Arxentina | 19 | 15 | 34 | 17 | 13 | 4 | 34 |
Brasil | 3 | 4 | 7 | 4 | 2 | 1 | 7 |
Cuba | - | 7 | 7 | 7 | - | - | 7 |
Uruguai | 10 | 4 | 14 | 10 | 3 | 1 | 14 |
Venezuela | - | 8 | 8 | 8 | - | - | 8 |
Resto de América | 4 | 2 | 6 | 2 | 2 | 2 | 6 |
Resto de España | 5 | 5 | 10 | - | - | 10 | 10 |
Resto de Europa | 2 | 2 | 4 | - | 2 | 2 | 4 |
TOTAIS | 43 | 47 | 90 | 48 | 22 | 20 | 90 |
Prazas Campos de traballo 2017 | ||||
---|---|---|---|---|
PAÍS | 100% | 50% | 0% | TOTAL |
Arxentina | 2 | 2 | 1 | 5 |
Brasil | 1 | 1 | 1 | 3 |
Cuba | 2 | - | - | 2 |
Uruguai | 1 | 2 | 1 | 4 |
Venezuela | 2 | - | - | 2 |
Resto de América | 1 | 1 | - | 2 |
Resto de España | - | - | 2 | 2 |
Resto de Europa | - | 1 | 1 | 2 |
TOTAIS | 9 | 7 | 6 | 22 |
Lugar de presentación das solicitudes:
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
As persoas solicitantes que non posúan certificado electrónico e así o desexen poderán dirixirse ás entidades colaboradoras que se indican a seguir, nas cales existen persoas habilitadas para o efecto, para a presentación electrónica das súas solicitudes:
* En Arxentina:
-Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires
* En Uruguai:
-Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo
* En Brasil:
-Peña Gallega da Casa de España de Río de Xaneiro
-Sociedad Hispano Brasileña de Socorros Mutuos e Instrucción de São Paulo
-Sociedad de Socorros Mutuos y Beneficencia Rosalía de Castro en Santos* En Cuba:
-Federación de Sociedades Gallegas en La Habana.
* En Venezuela:
-Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
- Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Na súa solicitude, as persoas interesadas optarán unicamente por unha das modalidades (actividades de aire libre ou campos de traballo), e farán constar a súa preferencia para o regreso en función da quincena en que vaian participar.
FORMULARIOS DE SOLICITUDE: Picar aquí para acceder á Sede Electrónica
Texto íntegro da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)