Resolución concesión: listado de persoas beneficiarias e solicitudes denegadas - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2022
De conformidade co artigo 11 da Resolución do 4 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan 250 bolsas excelencia mocidade exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2022/23 nunha universidade galega, procédese á publicación da RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a convocatoria das bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME) (DOG n.º 170 do 7 de setembro de 2022):
Resolución no Diario Oficial de Galicia - DOG: descargar
- Listado de persoas beneficiarias das bolsas e que se relacionan no Anexo I da Resolución do 30 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración. (Descargar)
- Publicación da Resolución de 7 de novembro de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aceptan as renuncias presentadas no procedemento de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (Descargar)
- Publicación da Resolución do 20 de outubro de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aceptan as renuncias presentadas no procedemento de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (Descargar).
- Publicación da Resolución de 7 de novembro de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se modifica a Resolución de 30 de agosto de 2022 pola que se resolve a convocatoria de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior curso 2022/23 (Descargar)
- Publicación da Resolución do 26 de outubro de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se modifica a Resolución do 30 de agosto de 2022 pola que se resolve a convocatoria de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior curso 2022/23 (Descargar). - Listado de solicitudes denegadas xa que non reúnen os requisitos establecidos para poder participar nesta convocatoria ou desistiron da súa solicitude, sinalando en cada caso o motivo de denegación, e que constan no Anexo II da Resolución do 30 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración. (Descargar)
Contra a Resolución do 30 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a convocatoria das bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME) cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.