Listados provisionais de persoas candidatas á bolsa, suplentes e excluídas - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2022

Listen to this page using ReadSpeaker
411 lecturas
Listados para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

De acordo co establecido no artigo 16 da resolución do 4 de xaneiro de 2022, da Secretaría  Xeral da Emigración, pola que se aprobaron as bases reguladoras e se procedeu á convocatoria de duascentas cincuenta (250) bolsas excelencia mocidade exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2022/23 nunha universidade galega, procédese á publicación de:

Proposta de resolución provisional de persoas candidatas, suplentes e excluídas da bolsa
Descargar
Listado provisional de 250 candidatos/as á bolsa ordenado polas puntuacións outorgadas Listado provisional de 250 candidatos/as á bolsa ordenado por orde alfabética de apelido
Descargar Descargar
Listado provisional de 157 candidatos/as suplentes ordenado polas puntuacións outorgadas Listado provisional de 157 candidatos/as suplentes ordenado por orde alfabética de apelido
Descargar Descargar
Listado provisional de 125 solicitantes de bolsa excluídos/as
Descargar

 

Nos casos de empate na puntuación obtida, deuse prioridade a quen tivera unha nota media máis alta no expediente académico, en segundo lugar á maior vinculación con Galicia, e en terceiro lugar á maior idade da persoa solicitante, segundo o establecido no artigo 15.4 da resolución da convocatoria.

Esta proposta de resolución provisional notifícase ás persoas interesadas mediante a súa publicación nesta web, para que no prazo de cinco (5) días hábiles a contar a partir do seguinte ao da publicación, presenten as alegacións oportunas.

Unha vez transcorrido o prazo de alegacións publicaranse na web as Listaxes Definitivas.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS DO 23 ao 30 XUÑO DE 2022 (ás 23.59 horas horario peninsular Española) ambos incluídos.

IMPORTANTE:
Para enviar as alegacións debe entrar na plataforma de bolsas onde realizou a solicitude da bolsa no menú da esquerda na opción “Alegación”.

Por outra banda, se algunha persoa da lista provisional de candidatos ou suplentes decidise non continuar no proceso de selección desta convocatoria de bolsas, debe enviar a través da plataforma de bolsas un escrito para renunciar que tamén está no menú da esquerda, na opción de “Renuncia” para non prexudicar a outros/as candidatos/as ou suplentes que poderían ter opción de ser bolseiros/as.

Data de publicación: 
22.06.2022
Data fin de prazo: 
30.06.2022