Programa de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2022
OBXECTO:
Ofertar aos/ás galegos/as universitarios/as residentes no estranxeiro, a posibilidade de adquirir unha especialización académica de máster nunha universidade galega, coa finalidade de que amplíen a súa formación e adquiran competencias e habilidades que favoreza a súa inserción laboral e futuro profesional en Galicia e que a sociedade galega se enriqueza cos seus coñecementos e experiencias profesionais internacionais.
CARACTERÍSTICAS
- 250 bolsas de excelencia
- Másteres ofertados polas Universidades de:
-Vigo (campus: Vigo, Ourense e Pontevedra)
-A Coruña (campus: A Coruña e Ferrol)
-Santiago de Compostela (campus: Santiago e Lugo) - Áreas:
-Artes e Humanidades
-Ciencias
-Ciencias da Saúde
-Ciencias Sociais e Xurídicas
-Enxeñaría e Arquitectura - Cada universidade ten os seus propios prazos de Matrícula.
- Condicións da concesión da bolsa: estar matriculado/a nun máster dun mínimo de 60 créditos ECTS, na modalidade presencial ou semipresencial, e que se imparta o Título Oficial de Máster para o que se realizou a matrícula.
- Esta axuda é incompatible con calquera outra bolsa ou axuda financiada por calquera Administración, institución ou ente público para cursar os estudos de máster oficial.
- Tamén é incompatible coas bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior en Galicia, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
- Anualidades:
-Máster 60 créditos: 2022/2023
-Máster 90 créditos: 2022/2023 e 2023/2024
PERÍODO DE DESFRUTE, DOTACIÓN E PRAZOS DE ABONO:
Créditos ECTS | Nº cursos | Período desfrute | Dotación Europa | Abono | Dotación Resto Países | Abono |
---|---|---|---|---|---|---|
60 – 72 | 1 | Curso 2022-2023 | 7.000 € | 1º prazo: 2º prazo: 2.000€ |
7.650 € | 1º prazo: 5.000€ 2º prazo: 2.650€ |
90 | 1,5 | Curso 2022-2023 Curso 2023-2024 |
10.500 € | 1º prazo: 5.000€ 2º prazo: 2.000€ 3º prazo: 3.500€ |
11.475 € | 1º prazo: 5.000€ 2º prazo: 2.650€ 3º prazo: 3.825€ |
Co importe da bolsa a persoa beneficiaria deberá afrontar todos os gastos que se xeren para poder realizar o máster (matricula universidade, viaxe desde o seu país de procedencia, aloxamento e manutención en Galicia).
BENEFICIARIOS/AS
Persoas galegas residentes no exterior cunha titulación universitaria de grao, licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a, diplomado/a, arquitecto/a técnico/a ou enxeñeiro/a técnico/a.
REQUISITOS
- Ser menor de 40 anos
- Estar en posesión da nacionalidade española
- Residir fóra de España
- Acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
- Estar vinculado/á Galicia dalgunha destas maneiras:
1 - Ser emigrante nacido/a en Galicia.
2 - Ser emigrante non nacido/a en Galicia, pero residir en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar.
3 - Ser descendente por consanguinidade dun emigrante nacido/a en Galicia, sempre que a persoa solicitante nacera no estranxeiro. - Ter finalizado e estar en posesión dalgunha titulación universitaria de grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou outro declarado equivalente de forma expresa.
- No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estar vinculado/a a un concello galego.
- Estar matriculado/a no curso 2022/23 nun máster universitario dos ofertados nesta convocatoria, dun mínimo de 60 créditos na modalidade presencial ou semipresencial.
FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: | picar aquí para acceder |
Outra documentación para consultar:
- Texto completo da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)
- Extracto da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)
Máis info:
- Preguntas frecuentes: picar aquí para consultar
- Listado de másteres: picar aquí para consultar
- Prazos convocatoria BEME: picar aquí para consultar
- Prazos matrícula universidades: picar aquí para consultar
FORMA E LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado, que figura como anexo II da resolución a título informativo, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.