Requerimentos para enmendar as solicitudes das subencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para os procesos de integración da poboación inmigrante extracomunitaria para o ano 2009
Advírtese que, segundo o artigo 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, de non emendar a falta ou achegar a documentación requirida no prazo antedito, se terá por desistida á entidade da súa petición, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.
Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2, CP 15704 de Santiago de Compostela ou aos números de teléfono 981 547274 e 981 547272.
Nas solicitudes de infonnación deberá indicarse o medio elixido para a súa contestación, así como o número de expediente, que servirá como contrasinal persoal que pennita a identificación como interesado no procedemento.
As contestacións terán un carácter meramente informativo para o solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.
Esta publicación realizarase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web www.galiciaaberta.com.
Listado das entidades que deben enmendar as solicitudes
Si o desexa, pode descargar tamén a resolución completa en formato pdf mediante o seguinte enlace:



