Subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a integración da poboación inmigrante extracomunitaria 2009
Nome do programa: Subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a integración da poboación inmigrante extracomunitaria 2009.
Destinatarios: As subvencións que convoca esta resolución poderán ser solicitadas por aqueles concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais da Comunidade Autónoma galega que cumpran, na data do remate do prazo de presentación de solicitudes, os requisitos especificados na correspondente resolución (artigo 2ª).
Lugar e prazo de presentación:
Ata o 6 de Xulio de 2009
As solicitudes de axuda dirixiranse á:
Secretaría Xeral da Emigración:
Rúa Basquiños, 2
15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
Resolución: Resolución do 29 de maio de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais, para a realización de programas destinados a fovorecer os procesos de integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autonómica galega durante o ano 2009.
Convocatoria: Diario Oficial de Galicia Nº 109, do Venres 5 de Xuño de 2009.
Promovido por: Secretaría Xeral da Emigración.
Ano: 2009
Contacto:
- Nos teléfonos da Secretaría Xeral de Emigración: 981547267, 981547274 e 981547272.
- E na dirección da mesma: rúa Basquiños, 2; 15704-Santiago de Compostela.
Documentación:
-
Formulario xustificativo da actividade [gl]
Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento.
Nota: Se gardas o documento perderanse todolos cambios realizados. -
Certificado do gasto realizado [gl]
Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento.
Nota: Se gardas o documento perderanse todolos cambios realizados. - Formulario de solicitude (prazo pechado)
- Formulario de solicitude online (prazo pechado)
- Logotipo oficial da Secretaría Xeral da Emigración (formato .png)
- Logotipo oficial do Ministerio de Traballo e Inmigración (formato .png)
Data de publicación: 05 de Xuño de 2009
Listados: Publicadas as listas para enmendar a documentación



