Publicación do prazo para acreditar a matricula universitaria - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2026

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

339 lecturas
Listado para descargar
Estado: 
Procedemento pechado

Unha vez publicados polas tres universidades galegas os calendarios de preinscrición e matrícula para realizar estudos de máster no curso 2026/27, de conformidade co artigo 16.2 da Resolución da dita convocatoria, establécese o prazo para que as persoas que figuren na lista definitiva de candidatos á bolsa e na de suplentes acrediten estar matriculadas nun dos mestrados que se ofertan nesta convocatoria de bolsas e se procede á súa publicación:

Acordo de publicación do prazo para acreditar a matrícula universitaria
Descargar


PRAZO: O prazo para acreditar estar matriculado/a nun dos mestrados ofertados, mediante a achega do xustificante de matrícula a través da plataforma online rematará o día 7 de agosto de 2026 ás 23.59 horas (hora peninsular española).

Data de publicación: 
17.06.2026
Data fin de prazo: 
07.08.2026